Venres. 19.04.2024
El tiempo

O poeta punki

O poeta punki
Samuel Paris a dereita con Terbutalina no Festival de Vitaminas para o galego

Alterna o baixo ca pluma (se cadra xa o teclado, algo menos romántico pero máis efectivo). Pero todo baixo o paraugas do punki. Música e poesía ("Ao que fago na poesía non lle chamaría poesía, directamente", apunta...), sempre rachando co establecido.
O muradán Samuel París (podedes coñecelo máis no seu blogue Parará, París), vén de facer unha entrevista máis que interesante no xornal veciño Certo. Unha entrevista que non se pode perder para coñecer a vangarda dos últimos tempos.

Ademais de percorrer o país con Terbutalina, xa ten publicado un interesantísimo Manual de destrución, e vén de presentar Inflamable, fermosamente musicado e dispoñible no Bandcamp.

Deixámosvos con el en Certo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios