mércores. 07.05.2025
El tiempo

Samuel L. París lanza o seu Pifostio poético

Samuel-L-Paris-entre O Tenro e Salvaxe e Pifostio
Samuel L. París lanza o seu Pifostio poético

Está creativo Samuel L. París. O poeta muradán, que xa publicara dúas obras en 2024, lanza esta semana o seu segundo libro en 2025, creando ademais con dúas das editorias máis potentes do país.

O que foi fundador e baixista da banda Terbutalina, este mes de marzo lanzaba O Tenro e Salvaxe coa editorial Galaxia, no marco da colección Dombate. Unha obra na que con lirismo, ironía e humor, Samuel invita a reflexionar sobre impacto da vida social no seo da nosa esencia persoal.
O muradán ten pendente unha presentacion en Fisterra para o mes de xuño, onde a súa voz, de forte carga oral, e que se nutre de proxectos musicais e performativos, deixa unha forte pegada.

Pero é que ademais, hoxe presenta a editorial Xerais a publicación de Pifostio. Un libro con moita “mordacidade, dor e humor” que reflexiona sobre o sentido da vida.

- Estás creativo a tope nestes 2024-2025? A que se debe?

Pois coma sempre. Sempre estiven dando saltos entre poesía, escrita, recitais, concertos, discos, podcasts... Ao mellor nestes últimos tempos estou máis focalizado na escrita, pero, vaia, tampouco noto que cambiase moito.

- Parece que a interacción scial é chave na túa creación poética?

É unha das chaves, posiblemente. Enténdoa como algo comunicativo, no que a quen me dirixo tamén é importante na toma de decisións; aínda que peco bastante de acabar facendo un pouco o que me peta sen atender moito a como é recibido.

- Ala... vives sen juasap?? como fas??

Sen Whatsapp e lonxe de todas as redes que podo. Como o fago? Tranquilamente, a verdade. E síntome máis conectado ao resto da xente que antes.

Máis novas

Comentarios