Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O muradán Samuel L. París invade a rede con recitais e podcast

Samuel L Paris
O muradán Samuel L. París invade a rede con recitais e podcast

Non para o muradán Samuel L. París. O poeta punki, ex membro de Terbutalina está ultimamente invadindo a rede galega entre podcast e recitais.

Recitais como o que daba este pasado sábado no marco do XXIII Certame Internacional de Regueifas do CVC de Valladares, en Vigo. Unha visita na que aproveitou para recuperar varios textos do seu libro “Internacional de poesía anarquista”, publicado o ano pasado por edicións positivas, pero que non puido ter as obrigadas presentacións oficiais. Esta antoloxía de poetas anarquistas de todo o mundo traducidos, con versión libre, ao galego, serviu para darlle un toque ao recital vigués (xa o podes atopar en numerosas poesías do país).

MBA Mal Podcast

Pero ademais, unha das súas novas creacións dase en clave de podcast. O MBA MAL PODCAST, con Alberto Álvarez, está sendo unha revelación nos últimos meses, cunha creación continua e variada, con personalidades singulares do eido cultural.

Visible dende o Youtube pero tamén en spotify ou ivoox, non lle perdades o ollo.

 

Novas relacionadas

Comentarios