The Muros Times saca o seu número de Nadal

Xa temos na rúa (ou mellor dito, na rede) o número 8 da revista dixital The Muros Times. Esta fiestra aberta de Muros para o mundo, para a diáspora, saca o seu número de Nadal, que festexa o fin do ano que veu nacer esta publicación que pon en valor o patrimonio histórico, cultural e artístico que atesoura o concello costeiro.

As cifras que presenta a redacción son moi boas. Fala de 800 os siareiros directos na páxina de Facebook de The Muros Times e foron 6400 os que accederon á versión online da revista no mes de outubro. Cifras que alentan aos 13 membros da redacción e ás ducias de colaboradores a seguir adiante.

Neste Nadal podemos recordar a Domingos Dosil, visitar os hórreos de Torea, marcharnos á diáspora para coñecer a Leandro Tajes na República Dominicana ou a Yolanda Beiro en Barcelona. Poderemos coñecer mellor a Rosarío Piñeiro, recordar a Guerra contra os franceses no 1809, facer un repaso polos beléns da vila... Para rematar cantando unha panxoliña de Nadal.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).