20 anos lendo clásicos nos maratóns de lectura do CEIP Os Muíños

O Día do Libro é data obrigada nos centros de ensino, como vimos no Labarta Pose. Outro centro para o que a data foi moi especial foi o CEIP Os Muiños. O cole muxián celebraba 20 anos nna Biblioteca celebrando a sua maratón de lectura, sempre arredor dun clásico que teña algunha relación co tema traballado no “Proxecto Documental Integrado”.

Neste curso, cuxo proxecto leva o nome de "Cos pés na terra", o elixido foi Robinson Crusoe de Daniel Defoe, como nos contan dende O Ninho da Curuxa. Unha viaxe chea de aventuras que permite á rapazada agudizar a comprensións abstracta, mellorar a comprensión auditiva, aumentar o vocabulario e estimular a imaxinación.