mércores. 30.04.2025
El tiempo

Debuxando a Labarta Pose polo Día do Libro

Debuxando a Labarta Pose polo Dia do Libro en Zas 3
Debuxando a Labarta Pose polo Día do Libro

Magnítica actividade a que artellou o Concello de Zas co gallo do Día do Libro, no marco dunha programación especial dos 100 anos do pasamento de Enrique Labarta Pose, que ten clara intención de seguir dando visibilidade á loita por conseguir un Día das Letras Galegas para o seu autor de referencia. 

Máis de 200 nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria do CPI de Zas e do CEIP Labarta Pose participaron na mañá do mesmo día 23 de abril, nunha actividade doble. Na primeira parte do espectáculo , os membros de "Polo Correo do Vento" encargáronse de contarlle á rapazada aqueles aspectos máis impotantes da vida e obra de Labarta ao mesmo tempo que realizaban unha caricatura do noso polifacético veciño.

Posteriormente, o alumnado fixo o seu propio debuxo de Labarta guiados polo debuxante, deixando verdadeiras obras de arte. 

Debuxando a Labarta Pose polo Dia do Libro en Zas 2

Debuxando a Labarta Pose polo Dia do Libro en Zas 1

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e a Concelleira de Educación, Pilar García; tamén quixeron achegarse ata os centros de ensino para presentarlles este espectáculo e convidalos a mergullarse no mundo da lectura.

Debuxando a Labarta Pose polo Dia do Libro en Zas

Máis novas

Comentarios