Martes. 15.10.2024
El tiempo

Cee

Isabel Tomé, docente: “A xulgar por ex alumnos, creo que non o fixen mal”

"Á nosa casa lle chaman A Casa dos Mestres". Así comeza Isabel Tomé no seu vídeo para o proxecto A Costa das Mulleres. Tomé dende pequena sempre quixo ser mestra e dalquela xa xogaba a facer de profesora con unha boneca que lle regalara daquela a súa tía, “poñíaa alí dereita e eu sentábame nun banquiño e eu facendo de mestra”, recorda Tomé. E finalmente o seu soño volveuse realidade.

Isabel, natural de Cee, leva 28 anos dando clase no CEIP Os Muíños (Muxía) e como mestra incluso leva máis, pero sempre na Costa da Morte e “a xulgar por ex alumnos, creo que non o fixen mal”, explica a doncente.

Dende a súa postura privilexiada como mestra, Tomé fai un grandioso traballo de concienciación feminista nos seus rapaces. Conta nunha anécdota que un rapaz nunha excursión lle comentou que non sabía facer a cama porque “eso é cousa de miña irmá e miña nai, eu conduzo o tractor”, dicía o neno vacilante, ao que a mestra lle contestou cun “pois mira ti, túa irmá é máis completa ca ti, porque sabe facer as camas e tamén conduce o tractor”.

Isabel recoñece que este é un traballo duro e constante pero que moitas veces non recibe os frutos que debería pola educación que reciben os rapaces despois na casa. A pesares de que as cousas van cambiando, aínda a día de hoxe a muller segue a ter un rol principal na educación dos rapaces e como ben recoñece Tomé no vídeo, “moitas delas seguen cumplindo ese patrón”, o que dificulta moitas veces que os rapaces disocien ás mulleres dos rols da casa.

Isabel Tomé, docente: “A xulgar por ex alumnos, creo que non o fixen mal”