martes. 16.09.2025
El tiempo

26 eventos enchen o Camping de Merexo durante o mes de agosto

  • Obradoiros de ioga e pintura, catas de viño e concertos forman a programación de agosto no Camping Lago-Mar.
100 aniversario de Eva Castineira publico
Público dun dos pasados eventos do Camping Lago Mar
26 eventos enchen o Camping de Merexo durante o mes de agosto

O Camping Lago-Mar continúa afiandándose como un dos epicentros culturais da comarca. Faino con eventos como tan fermosos como o 100 aniversario de Eva Castiñeira, e faino coa súa programación para o mes de agosto cunha ambiciosa axenda que inclúe máis de 20 concertos de grupos de dentro e fóra de Galicia, obradoiros de ioga e pintura, catas de viño cun recoñecido sumiller e espectáculos sorpresa. 

O Camping Lago-Mar, xestionado por Horta Creativa, unha cooperativa cultural muxiá, invita a gozar do verán nunha contorna espectacular, coa praia a un paso, e ademais aprender o novo mundo da cultura galega e todo o que están a facer creadores e creadoras galegos. Por iso, dentro da programación, sempre teñen protagonismo actividades relacionadas coa cultura de Galicia. 

Programación de agosto no Camping Lago-Mar: 

Obradoiros e foliada libre:

En agosto o camping acollerá varios obradoiros e actividades especiais. Este domingo 3 de agosto haberá unha maña de Ioga e brunch. A actividade ten un prezo de 25 euros por persoa, e para inscribirse hai que mandar un correo a :info@campinglagomar.es

Tamén haberá dúas catas de viño. O mércores día 6 será de viños galegos, e o xoves día 7 de viños espumosos. Ambos serán da man de Miguel L. Méndez, nomeado este ano un dos mellores 100 sumilleres de España. Cada cata ten un prezo de 30 euros por persoa e as prazas son limitadas. Para inscribirse hai que mandar un correo a:info@campinglagomar.es

O 15 de agosto repetirase un dos plans favoritos no camping: Foliada libre e sardiñada. Coma sempre, convidamos a todos os músicos e músicas a traer os seus instrumentos e ganas de bailar!

O xoves 28 de agosto será unha tarde de pintura e música en vivo da man de YanoYoro. E o 30 de agosto ela mesma impartirá un Obradoiro de Pintura SUMI-E. Unha xornada para sentir, contemplar e pintar como peces e algas na auga.

Concertos do mes: 

En agosto a música seguirá sendo a protagonista cunha axenda de máis de 20 concertos. Todos serán ás 19:30 horas. 

As actuacións xa comezaron este xoves con Pamela Rodríguez, a peruana afincada na Coruña con varios grammys, trouxo a súa singular intervención artística. O venres toca Pez Mago. O domingo tocaralle a Clara Cantore. 

Siguen o martes, 5 de agosto, con Foly Lamas e José Esteban. O 6 de agosto haberá concerto de Tabernarias e o 7 de agosto de Carolina Rubirosa. O venres 8 de agosto haberá sesión de Javier Turnes & Arsuaga. Mentres que o sábado 9 e o domingo 10 de agosto será o concerto de Quique Gómez & Curro Serrano e de Ventura, respectivamente. 

A semana do 11 de agosto comezará con Manu Seija; Zapoitxo! será o 12 de agosto; Biribirloque o 13 de agosto e Adhara & Ritman o 14 de agosto. Pecharase a semana o domingo 17 cun concerto sorpresa.

A música seguirá o 18 con Sophia & Loren, e o 19 con Pablo Vila. O mércores 20 haberá outro concerto aínda por desvelar… e o 22, 23 e 24 estarán no camping Fito Mansilla, Inadaptados e Blues Moonshiners, respectivamente. 

A derradeira semana do mes serán os concertos Gondhawa o día 29; e de Retro Tool o 30 de agosto. 

Gastronomía:

Destacar tamén que o camping ten a súa cociña aberta todos os días durante o mes de agosto cunha ampla carta. O horario é de 13:30 a 15:30 horas e de 19:30 a 22:30 horas. 

Toda a info no instagram @camping_lagomar

Comentarios