As obras do Santuario da Virxe da Barca quedan en mans da Igrexa

Máis de 4 meses dende aquel fatídico día de Nadal no que un raio prendía o Santuario da Virxe da Barca por Nadal. E tras moitas reflexións, a Consellería de Medio Ambiente vén de trasladar a autorización para as obras de rehabilitación do Santuario da Virxe da Barca, resolvendo o outorgamento da autorización solicitada polo Arcebispado de Santiago de Compostela nun prazo de 15 días. I é que a Igrexa xa se comprometera a asumir integramente o custe da rehabilitación.

Deste xeito, as obras de rehabilitación deberán respectar o volume edificable preexistente e a composición volumétrica orixinal, sen supoñer aumento de volume respecto ao estado anterior.
Procederase á instalación dunha nova cuberta da nave principal e cruceiros, unha vez reparadas as bóvedas afectadas polo incendio. A nave principal leva unha cuberta con estrutura de madeira a dúas augas e rematada con lousa, e a parte da sancristía igual pero a tres augas. Construirase tamén un forxado intermedio de madeira na zona da sancristía, así como limparase e repararanse todos os paramentos verticais de cachotería e os horizontais con madeira e pedra na sancristía e nos teitos con morteiro de cal.
Interiormente os muros remataranse con morteiro de cal como estaban anteriormente, incluso na parte traseira do retablo principal. Tamén se fará a restauración total da tribuna con reposición do entaboado do pavimento e limpeza do resto, e repararase o comungatorio e o pavimento de mármore do presbiterio.
A carpintería das fiestras de bronce se restaurarán deixando ventilación natural, o resto da carpintería será de madeira pintada.

Artigos sobre o incendio do Santuario da Virxe da Barca