Sábado. 11.05.2024
El tiempo

"A Barca, unha Seña de Identidade muxiá"

"A Barca, unha Seña de Identidade muxiá"
Estado do interior do Santuario da Virxe da Barca tralo incendio-Foto-Rafa Quintans 1

Dado que QPC é unha fiestra aberta a todo o mundo, traemos opinións de todo tipo. E como non podía ser doutro xeito, o asunto da Barca dá para moito. A semana pasada traíamos a visión da nova Viki Berre poñendo en dúbida a aportación pública para a restauración dun edificio da Igrexa como é o Santuario da Barca.
Hoxe, traemos a opinión de Luchy Castro, que tira de sentemento e dalgunha que outra acusación persoal, para defender a rehabilitación do Santuario con fondos públicos.

"A Barca, unha Seña de Identidade muxiá", por Luchy Castro

Dende o 25 de decembro de 2013, fatídica data na que o Santuario da Barca ardeu presa dun raio, cánsome de oír voces discordantes por tóda-las partes. Aquí todo o mundo quere dar a súa opinión, e paréceme ben!, así que eu tamén me presto a dar a miña. Opinión seguramente moi subxectiva, como se pode esperar dunha persoa muxiana de pura cepa.
É difícil atopar obxectividade nunha muxiana de raza das de gheada e seseo, das de abuelos, bisabuelos e tatarabuelos destes lares, xente que se sentíu orgullosa sempre de ser de aquí, de falar coma os de aquí, xente que contriubiu co seu humilde traballo a levantar este pueblo e facelo como agora é, xente que independientemente das dúas ideas políticas ou relixiosas tiveron sempre a Barca coma un sentimento. Porque a Barca non é só unha imaxe, nin unha crenza, nin sequera un culto de fe. Non! A Barca para os muxiáns é sobre todo unha Seña de Identidade e por riba de todo é un sentimento. A Barca tes que sentila sexas ou non sexas crente.

Estón segura que aínda que o Santuario non se reconstruise, e puxeran a imaxe da Virxe sobre as cinzas, milleiros de persoas seguirían peregrinando ata aquí, ata esta magnífica natureza das pedras máxicas.

Parece que non gustaron moiro a algunhas xentes (poucas) as declaracións de Feijoo do "reconstruiremos a Barca custe o que custe". Aduce esta xente que nin país en crise, os recursos teñen máis para onde ir: que si desafiuzados, que si para sanidade, que si para os parados. E eu na miña ignorancia, pregúntome se os que afirma eso, e teñen tan boa fe, tan boas intencións, e son tan solidarios coa desgraza allea, non terán por aí ningunha casa, ou piso baleiro para prestarlle a algunha familia desafiuzada (eu creo que si), ou se este estas datas tan sinaladas (datas que todos sabemos que son de excesos) non invitaron ás súas casa a algún indixente, ou compartiron esas "enchentas" con algunha familia en paro. Non será que hai moita hipocresía?.

A min chéirame tanto progresismo trasnoitado. Estes que foron toda a vida dun bando, e agora son de outro, porque é o que toca: "ser modernos". O malo (ou bo), é que nun pobo pequeno coma este coñecémonos todos. E xa teño visto a algunha destas voces discordantes e neosolidarias, virar para outro lado na porta do Eroski cando viron a un pobre pedir limosna.

Eu, sendo de esquerdas e non crente, non comulgo con tanta hipocresía e pacatería.

Aquí estanse a confundir churras con merinas. Claro que este país está en crise, e claro que hai moitas cousas que cambiar, e outras que mellorar, pero eso non é ningún obstáculo para devolverlle ao Santuario da Barca un novo esplendor, quizais máis grande do que nunca tivo, se é que iso é posible.

Xa é hora de poñer en práctica o que dixo Ghandi: "nós mesmos debemos ser o cambio que desexamos ver no mundo!" Xa é hora e aparcar tanta hipocresía e deixar de facer teatro! Prediquemos co exemplo. Que solidarios nos volvemos ás veces de palabra... Mimadriña!.

Os que poñemos tanto empeño en reconstruír a Barca, nin todos son de dereitas, nin todos crentes, non!. Os que poñemos tanto empeño en reconstruir a Baca somos xente 100% de Muxía, 100% muxiáns, non somos de aqueles que cando saian pola Cruz para fóra, cambiaban o chip e por arte de maxia xa falaban castelán, porque se avergoñaban de ser de aquí. Eses mesmos que agora falan galego de libro.

E xa para rematar, esto non é un negocio. Os sentementos neniños non son negociables, non se compran nin se venden porque, sinxelamente, non teñen prezo. A Virxe da Barca co seu Santuario e o seu entorno é un profundo sentimento. Deixádenos disfrutar del, e parade dunha vez de manchar coas vosas palabras políticas, económicas e relixiosas o noso sentemento.

  • Luchy Castro.

Novas do incendio do Santuario da Barca

Fonte

Comentarios