Venres. 26.04.2024
El tiempo

Da repercusión do incendio do Santuario da Virxe da Barca

Da repercusión do incendio do Santuario da Virxe da Barca

Esta mañá o Concello de Muxía ofrecerá unha rolda de prensa para valorar as consecuencias do grave incendio do Santuario da Virxe da Barca. Actualizaremos aquí mesmo as novidades do alcalde, pero tras ler as reflexións sobre o incencio de Xosé Lema Súarez, nós tamén un repaso das secuelas do suceso.

O máis importante, pero que á súa vez dá conta da gravidade do asunto, é a repercusión mediática e, sobre todo, política. Todas as televisións estiveron presentes e todas as autoridades competetentes se achegaron a zona para valorar os danos.

Estado do interior do Santuario da Virxe da Barca tralo incendio-Foto-Rafa Quintans 1

O presidente da Xunta foi dos primeiros en chegar ao santurario para comprobar o seu estado tras verse afectado nas últimas horas por un incendio. Feijoo reiterou o compromiso da Xunta para avaliar os danos e avanzar, sen trabas burocráticas como pedía o alcalde Félix Porto, a licitación inmediata do proxecto de rehabilitación integral do templo.
Afirma que, neste momento, o prioritario é apuntalar o edificio, reconstruír a cuberta e facer unha limpeza integral e salienta a necesidade de esperar ás valoracións dos técnicos de Patrimonio, que levan traballando desde onte no lugar.
Ademais, Feijoo destacou que nas vindeiras semanas a Xunta manterá unha reunión co Bispado, o Arcebispado, a Deputación da Coruña e a Alcadía do Concello de Muxía para establecer a folla de ruta a seguir.

Non rematou a visita sen agradecer o traballo de todos os que participaron nos labores de extinción “e de todos os que seguen a traballar no lugar” e resalta o gran valor cultural, turístico e económico do templo; un centro de peregrinación, “o gran símbolo colectivo de Muxía e da Costa da Morte e, tamén, un dos grandes símbolos colectivos da Galicia mariñeira”.

Tamén estivo o Presidente da Deputación Diego Calvo, que aseguraba que o ente provincial colaborará "co que sexa necesario" na recuperación do santuario. Zaira Rodríguez tamén quixo solidarizarse cos veciños e cos cos responsables do consistorio muxián.

E tamén nos fixeron chegar dende o PSOE "a solidariedade co pobo de Muxía" do Francisco Caamaño, que tamén se achegou ao lugar para anunciar a presentación de varias iniciativas no parlamento para recuperar o templo.

Estado do interior do Santuario da Virxe da Barca tralo incendio-Foto-Rafa Quintans

Problemas eléctricos

Así e todo ninguén falou das causas. I é que un raio parece inevitable, malia que xa houbo quen nos comentou polas redes sociais que os pararraios non estaban ben construidos. Dous pararraios, instalados nas torretas da igrexa que desta volta non evitaron a desfeita, polo que a Garda Civil xa está investigando as causas. O que parece seguro é que a instalación estaba demasiado antiga e non foi renovada na última reforma deste mesmo ano.

A APTCM amosa o seu apoio

Se ben hoxe será un día positivo ca presentación do Ente de Xestión Turística da Costa Morte (CMAT) ás 12:00 nas Torres do Allo, a Asociación de Empresarios do Sector Turístico da Costa da Morte quere "dar ánimos a todos os muxiáns nestes días nos que os seus sentimentos se atopan tan afectados, pola mesma estamos seguros de que Muxía seguirá a ser un referente porque aínda que a perda física foi importante, os sentimentos e a importancia do lugar trascende ao monumento artístico e relixioso, sendo xa desde a antiguedade un punto senlleiro na nosa mitoloxía e na vida común de Muxía, da Costa da Morte e da humanidade, a Punta da Barca será sempre un lugar polo que calquera murtal debería pasar unha vez na vida".

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios