As auroras boreais volveron iluminar o ceo da Costa da Morte

Aurora Boreal cazada dende Vilastose por Rebeca Rodriguez Romar

Como aconteceu aló por maio, esta pasada noite de xoves 10 de outubro Galicia volveu soñar coas auroras boreais.

Neste caso, foi Rebeca Rodriguez Romar a que dende a súa ventá da habitacion de Vilastose, Muxía, e mestre miraba o xardín e a noite estrelada, quedou abraiada coas cores que apareceron no ceo. Eran arredor das 0:30, e ata aproximadamente as 1:25h da madrugada o ceo convertiuse nun marabilloso espectáculo natural.

Iso si, no tempo que avisou á familia e subiron ao monte para evitar a contaminación luminosa, a intensidade xa baixara, pero a marabilla xa a levan nas retinas, e nos seus teléfonos!

Recomendan descargar a APP My Aurora Forecast, que che indica onde poderás disfrutar deste tesouro natural.

Auroras Boreais en Muxía-Fotos-Inés Fraga

Noutros puntos da comarca

Esta dende Punta Nariga:

 

Dende outras partes de Galicia

Aurora Boreal dende a Virxe do Porto en Valdoviño. Foto: Fins Eirexas @ofinsGZ
Auroras dende a Ermita da Peneda en Redondela, Pontevedra. Foto: Begoña Brao

Aquí van outras dende Valdoviño ou Vila de Cruces:

Máis novas