Benlloch de Río ábrenos as portas do Mosteiro de Moraime en pleno século XIII

Xa está na rede, en www.estudioshistoricos.com o nº 19 da Revista “Nalgures”. Unhas das revistas sobre historia máis completas e profundas de todo o país, no que participan grandes historiadores como Ana Romero, José Luis Méndez Romeu, Benito Figueroa Aldariz ou o noso Jose Enrique Benlloch del Rio.

O muxián volve afondar sobre o legado histórico do Mosteiro de Moraime, e se traslada ao século XIII para analizar un documento sobre a recadación das rentas de vestiaría.

En máis de 20 páxinas o autor muxián ábrenos as portas do singular espazo histórico, continuando co seu traballo realizado en anteriores números da revista.

Artigos históricos dos Benlloch en QPC

NOVA RELACIONADA

ARTIGOS SOBRE MORAIME