Martes. 16.04.2024
El tiempo

Saen a luz os "papeis segredos" gardados no mosteiro de Moraime

Saen a luz os "papeis segredos" gardados no mosteiro de Moraime
O mosteiro de Moraime gardaba distinta documentación que agora esta depositada no Arquivo da USC O mosteiro de Moraime gardaba distinta documentación que agora esta depositada no Arquivo da USC O novo traballo de investigación de José Enrique Benlloch del Río sobre Nemancos lévanos ata a documentación medieval que gardaba o priorado de Moraime. Neste novo estudo, realizado por José Enrique Benlloch en colaboración co investigador Ismael Velo, saca á luz os diplomas e pergamiños medievais que se gardaban no mosteiro de Moraime durante séculos e que actualmente están depositados no arquivo da Universidade de Santiago de Compostela. "É probable que os  veciños e veciñas de Moraime descoñecesen a existencia desta documentación", sinalan os investigadores. O periodo que abarca a documentación investigada vai dende finais do século XI ata o primeiro tercio do XVI. Os investigadores centráronse en como eran os manuscritos, que decían, quen os confirmaban e o que representaban en termos de poder xurisdiccional e social para o mosteiro. No ano 1745, fray Martín Sarmiento viaxou a Galicia. Nos escritos da súa visita refírese a Moraime e sinala que "aún se conservan entre sus papeles más de 50 pergaminos en latín, gallego y castellano, y son los más foros, etc. Y en lo poco que vi de ellos son muy del caso para el caso de propiedad". Anos máis tarde, concretamente no 1798, conservabanse no arquivo do priorato moraimés algún libro "con piel de becerro" que contiña os foros outorgados ás persoas que adquiriran terras e servizos a este mosteiro. Os pergamiños A documentación investigada por Benlloch e Velo componse principalmente de diplomas reais e pergamiños. "Son de grande axuda as transcripcións feitas destes escritos durante o último tercio do século XVIII por un monxe de san Martiño Pinario e hoxe conservadas no Arquivo Histórico de San Payo de Antealtares", sinalan os investigadores. O soporte material da escritura é principalmente en pel e en formatos de distintos tamaños. Predomina o latín con algunhas expecións, do ano 1300, onde aparace o galego e o castelán antiguo. O tipo de letra varía segundo o periodo correspondente á súa producción xa que vai dende a "carolina diplomática" á "manuscrita diplomática" ou "gótica de privilexios" e a de "transición a albalaes". Entre os escritos atópase unha reclamación feita no ano 1486 polo prior de Moraime aos Reis Católicos Entre os escritos atópase unha reclamación feita no ano 1486 polo prior de Moraime aos Reis Católicos Tipo de documentos Entre a documentación que se gardaba no mosteiro de Moraime aparecen papeis de diferentes tipos. A primeira delas data de marzo do ano 1095 e trátase dunha "Carta de donación otorgada por Froila Pérez".  Do texto extraense fragmentos como "... Por lo tanto Froila Petri sobredicho mientras permanezco en mi libre arbitrio quiero espontáneamente conferir todos mis pequeños bienes a vosotros mis patronos dotando vuestro altares...". Os documentos que máis abundan son "doacións" feitas por distintas persoas así como os "privelios" dos reis Fernando II, Fernando III e Alfonso XI. Entre a documentación aparece unha "Reclamación del prior de Moraime a los Reyes Católicos" realizada no ano 1486. Na reclamación fálase sobre a ocupación dos bens por parte do conde de Altamira e de dona Urraca de Moscoso. "... Sepades que por parte del abad prior e monjes y convento del monesterio de Sant Jullian de Morant [Moraime] nos fue fecha relaçion por su petiçion que nos en el nuestro consejo fue presentada, disiendo que el conde de Altamira e dona Urraca de Moscoso ynjusta e non devidamente, contra derecho, e en grande cargo de sus conçiencias e en menospreçio de nuestra justiçia e contra las leis e ordenançasde nuestros reinos le tienen entrados tomados e ocupado los logares, cotos, e granjas, de dicho monasterio (...) que ellos resçibian muy grandes agravios e nos fue suplicando que çerca dello le mandasemos proveer de remedio con justisia o como la vuestra merced fuese. E nos tovímoslo por bien, (...)". Toponimia da zona No seu completo estudo, os investigadores fan referencia á toponimia da zona que aparece na documentación. En varias ocasións, os escritos fan referencia ás cidades de A Coruña e de Santiago de Compostela. Mais aparecen outros lugares da Costa da Morte tales como Burnario (Borneiro), Mereio (Merexo), Mourqitán (Morquintián), Nemancos, Nemia (Nemiña), San Simón de Traba, entre outros moitos. Ademais os investigadores sinalan que aparecen en diversas ocasións lugares como Lugo, Mondoñedo, Ourense e Tui a través dos obispos confirmantes de varios dos escritos, así como "Galiza" nun dos textos do ano 1449.

Novas relacionadas

Outros artigos de interese

Fonte

Comentarios