Venres. 25.09.2020
El tiempo

A veciñanza demostra a súa preocupación pola conservación de Moraime. E as administracións?

Presentacion en Moiraime do libro de Xan Fernandez Carrera
Presentacion en Moiraime do libro de Xan Fernandez Carrera
A veciñanza demostra a súa preocupación pola conservación de Moraime. E as administracións?

”A ver se este libro serve para que as administracións locais e autonómicas fagan algo para poñer en valor Moraime”, dicía polas redes sociais o bo de Xosé María Lema Suárez, que ten catalogado a igrexa muxiá como ”o mellor edificio da Costa da Morte”.. E coma el moitos que asistiron e que non puideron asistir á presentación do libro “Moraime. Centro Histórico da Costa da Morte”.

O seu autor, Xan Fernández Carrera, acompañado por Xurxo Couto, Deputado de Cultura da Deputación da Coruña, e o director do Museo do Pobo Galego e veciño da vilal Manuel Vilar, quedaban ben sorprendidos pola cantidade de xente que hai preocupada na conservación e posta en valor dun dos espazos relixiosos con máis historia da nosa comarca. sí o demostran estudos de Xavier Rey ou o noso Víctor Castiñeira, que destacan quedurante a idade Media era un dos grandes centros da comarca.

O acto convertiuse en si mesmo nun “recoñecemento á importancia que para o conxunto da sociedade ten este magnífico centro histórico da Costa da Morte”, e que pode servir de acicate para que as administracións lle presten algo máis de atención.

"A verdade que quedei sorprendido pola boa acollida que tivo este acto de presentación do libro", cóntanos Xan. "Tamén do respectuoso que foi o público no cumprimento das normas sanitarias e a colaboración do concello de Muxía na organización do acto". O autor ademais "quixera tamén agradecer á Deputación da Coruña a colaboración no patrocinio desta publicación, sen el non sería posible editar o libro".

Presentacion en Moiraime do libro de Xan Fernandez Carrera a

 

Máis información

Novas relacionadas

comentarios