O camping Lago-Mar homenaxe á cantareira Eva Castiñeira nun programa cheo de actividades para este mes de xuño

O Camping Lago-Mar é un espazo xestionado por Horta Creativa, unha cooperativa cultural muxiá que traballa para que o camping sexa un lugar agradable onde descansar e gozar da contorna da zona, pero tamén un punto de encontro para a cultura en Galicia, acollendo a creadores e artistas, e ofrecendo opcións culturais para todos os hóspedes, visitantes e habitantes da comarca.
O camping actualiza mes a mes a súa oferta con concertos, obradoiros, charlas e outras citas culturais, cunha clara apsota por poñer de relieve a cultura galega e todo o que están a facer creadores e creadoras galegos. Por iso, dentro da programación, sempre teñen protagonismo actividades relacionadas coa cultura de Galicia.
En xuño houbo espazo para a foliada, un obradoiro de creacion de pandeiro ou un podcast sobre os festivais organizados na Costa da Morte. Esa liña seguirá en xullo con máis actividades que xirarán arredor da cultura galega.
Este mes haberá máis actividades arredor da cultura galega. O mércores 2 de xullo ás 18:00 horas haberá unha charla sobre as Festas populares na Costa da Morte, con convidados que falarán das festas máis populares da zona.
O día 9 de xullo a partir das 19:00 horas, e e 20 de xullo a partir das 19:30 horas, haberá foliada libre. Polo que todas as persoas que o desexen están convidadas a traer os seus instrumentos ou achegarse a sacar uns puntos e gozar da música en vivo na terraza con vistas á praia.
E o mesmo pasará o 25 de xullo, cando haberá unha panillada en homenaxe a cantareira muxiá Eva Castiñeira polos 100 anos do seu nacemento. Será a partir das 18:30 horas.
Semana da Arte do Camping:
Este mes de xullo o Camping acollerá unha nova Semana da Arte. Do 7 ao 13 de xullo a arte será a protagonista con distintos artistas convidados/as que amosarán ás súas creacións.
Haberá espazo para moi diversos tipos de expresións artísticas, con exposicións, performances e mostras en vivo.
A música será en xullo unha das citas principais da programación. Todos os concertos serán ás 19:30 horas.
Os concertos comezarán o 4 de xullo coa banda de blues e soul en galego Allo Negro, e o ciberfunk de Stereo Madness o 6 de xullo. Zeltia, Diana & Dani estarán o 10 de xullo, e o 11 de xullo tocaralle ao músico e compositor Claudio H. O 12 de xullo volverase ao pasado con Retro Tool. O 13 de xullo haberá concerto de Kreze, e o día 16 de Lluvia.
Seguirán os concertos cunha doble sesión de Turnes & His Lago Delta Blues Boys os 17, 18 e 19 de xullo. Mentres que o 21 de xullo estará no camping Factoría de Subsistencia. O mes terminará ao grande con Ari Magritte o 23 de xullo; Malasombra o 24 de xullo; e os concertos de Jorge Lorre & Friends os días 28, 29 e 30 de xullo.
Ademais o sábado 5 de xullo ás 19:30 horas haberá unha tarde de maxia co espectáculo de Golden Magic.