O Ciclo de FP de Cociña e Hostalería do IES de Muxía abre as súas portas
01 de xuño de 2026 (12:09 h.)
Estes vindeiros martes 2 e 9 de xuño, o IES Ramón Caamaño de Muxía abre as súas portas para que a veciñanza poida coñecer a proposta formativa do FB CB Cociña e Restauración. Unha ocasión de ver como se forma nesta fundamental oferta formativa, moi enfocada e xa con algún que outro premio a nivel autonómico.
Poderás coñecer a cociña profesional e as instalacións innovadoras de nivel que ten o centro, así como o Restaurante Escola para facer as prácticas.
Horarios das xornadas de protas abertas
- Martes, 2 de xuño de 2026 tamén de tarde 16.00 a 18.00
- Martes, 9 de xuño de 2026 tamén de tarde 16.00 a 18.00* Degustacións GRATIS e visita guiada ás instalacións
Chama e reserva a túa cita: 881 880 775