O IES de Muxía consegue por fin o FP Dual de Cociña e Restauración
Boas novas para a comarca. Tras varios de peticións, coa comunidade educativa, o eido político e o propio sector económimo unidos, a Consellería de Educación vén de confirmarlle ao IES Ramón Caamaño de Muxía a apertura para o vindeiro curo 2023/2024 do Ciclo FP Básica Dual en Cociña e Restauración.
Unha liña formativa que poderá cubrir unha necesidade clara dunha comarca que leva anos enfocando o futuro cara o sector turístico pero que carecía de formación en hostalería, como levan denunciando os propios empresarios nos últimos tempos.
De feito, diferentes empresas hostaleiras da contorna (Muxía, Camariñas, Fisterra e Cee) colaborarán estreitamente formando ao alumnado na propia empresa entre os meses de marzo e agosto, complementando así o período previo de formación no centro educativo.
3 anos levan pelexando dende o centro, con Pilar Mirón á cabeza, para a consecución deste título que xa é unha realidade. O centro está ben preparado para acollelo, e ten espazo de sobra Este verán afrontarán as obras da zona de cafetería e o curso seguinte tocará afrontar as de cociña.
Poderanse matricular rapaces e rapazas de entre 16 e 20 anos que non teñan rematado a ESO, ou que quere acabala por esta vía da FP Básica, e unha vez acabada conseguirán os dous títulos.
O prazo de matriculación será entre o 26 de xuño ao 6 de xullo.
MÁIS NOVAS SOBRE O FP NA COMARCA
- Maio 23: Os empresarios do turismo piden ciclos formativos para paliar os problemas para encontrar persoal.
- Xuño 22: As alcaldesas do PSOE piden un ciclo de FP para a comarca.
- Abril 22: A Xunta rexeita FP Dual de Restauración para o IES de Muxía.
- Novembro 21: "O sector de hostalería debería mirar as condicións laborais que ofrecen, porque xente para traballar hai”.
- Novembro 21: O empresariado costeiro únese para conseguir un FP Dual de Restauración no IES de Muxía.