venres. 06.03.2026
El tiempo

Gabriel Mugride consegue gañar o prestixioso Concurso de Coctelería Fragas do Eume

Gabriel Mugride ganador do Concurso de Cocina e Cocteleria de Pontedeume
Gabriel Mugride recollendo o diploma como gañador do Concurso de Cocina e Coctelería de Pontedeume
Gabriel Mugride consegue gañar o prestixioso Concurso de Coctelería Fragas do Eume

Xa era un fito en si mesmo participar dende a FP Básica, pero é que ademais de ser o primeiro en facelo, Gabriel Mugride conseguiu gañar o prestixioso Concurso de Coctelería Fragas do Eume.

O alumno do IES Ramón Caamaño conseguíu ser o gañador da XXV edición do certame na categoría de Coctelería creativa, co seu “London-Mojito”, unha versión persoal (o camellán, e xogador do SD Camelle naceu en Londres) do tradicional mojito, reinterpretada con matices propios e acompañada cunha gominola elaborada con canela, menta e laranxa, que reforza os aromas e aporta un contraste doce e especiado á proposta.

Gabriel, xa considerada unha das novas promesas da hostalería galega, estivo acompañado polo seu profesor e preparador, Alberto Fuentes, poñendo en valor do centro muxián neste escaparate do talento e da profesionalidade do alumnado galego.

A importancia na nosa comarca da FP Básica de Cociña e Restauración

A FP Básica de Cociña e Restauración é unha opción formativa aberta a todas aquelas persoas que non teñan o título da ESO e que queiran orientarse cara ao sector da hostalaría. O ciclo estrutúrase en dous cursos: no primeiro ano o alumnado fórmase en Servizos de Restauración e no segundo en Cociña. En ambos cursos realízanse prácticas en empresas do sector, favorecendo a inserción laboral e a adquisición de experiencia profesional real.

Máis novas

Comentarios