Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os Concertos no Camiño atracan na Barca

FARO-PUNTA-DA-BARCA-GALEGO-1 copia
Os Concertos no Camiño atracan na Barca

Os Concertos na Fin do Mundo do teu Xacobeo chegan a Muxía estes venres 2 e sábado 3 de setembro. A Punta da Barca convertirase en escenario (como fixo coas representacións dos naufraxios), para recibir un festival moi especial.

O venres a apertura de portas realizarase ás 19:15 horas. Ás 20:00 horas comeza cunha sesión da man de DJ Mil, e ás 20:30 horas comezará a actuación da banda galega A Banda da Loba. A música de DJ Mil acompañará de novo mentres fan un rápido cambio de escenario. E ás 21:30 horas, podserase desfrutar da actuación de outra banda galega, De Vacas. Finalizado o concerto, volverase desfrutar dunha última sesión de DJ Mil.

O sábado, arrinca con DJ Galician Army. Ás 20:30 horas comezará a actuación do músico galego Andrés Balado. Ás 21.30 horas, actuación dunha das galegas máis internacionais, Susana Seivane (que toca o venres 2 de setembro ás 22.00 horas na Praza do Concello de Cee). Finalizado o concerto, volveremos desfrutar dunha última sesión de DJ Galician Army.

Comentarios