COVID: Novo cribado entre a mocidade de Muxía
23:05 20/08/21
Este sábado 21 de agosto, que se fai efectivo o novo mapa de restricións con 15 concellos afectados na comarca, terá lugar un cribado no Concello de Muxía, mediante test PCR aos veciños de entre 15 e 30 anos. O lugar elixido é o Centro de Saúde de Muxía.
Todos os veciños deste municipio pertencentes á franxa de idade establecida (450 aprox.), serán citados mediante mensaxe SMS nos seus teléfonos móbiles en horario de 09:30 a 13:30 horas.