De ruta en ruta polo litoral costeiro

Tremenda marca de participación na 2ª Andaina polo litoral da Costa da Morte. A segunda cita, artellada polos concellos de Vimianzo, Camariñas, Corcubión, Muxía e Ponteceso, superou en participación á primeira andaina por Ponteceso, sendo nada menos que 186 os sendeiristasque disfrutaron as marabillas de Muxía.

A ruta saía ás 10.20 horas da mañá do lugar muxiá de Moreira, dispostos a percorrer 12,5 Km. de ruta pola costa, pasando polo Faro de Touriñán, o punto máis occidental da Península Ibérica, para rematar na fermosa praia de Nemiña, onde chegaron antes de comer.

E sen tempo para dixerila, xa temos que pensar na doble cita da vindeira fin de semana, coa 3ª Andaina por Vimianzo e a 2ª etapa do Camiño dos Faros, demostrando o potencial que ten a bisbarra nesta materia.

3ª Andaina por Vimianzo

O vindeiro sábado día 11 de maio a andaina realizarase polo concello de Vimianzo. Sendo a única andaina que non discorre preto da Costa, si se poderá gozar de fermosas vistas da ría de Camariñas desde o alto dos montes do Faro e a Vela. A ruta sairá da Praza do Concello ás 10 da mañá cunha parada no Castro das Barreiras antes de coller camiño cara ao alto do Monte Faro e da Vela e continuar camiño cara a Carnés, lugar onde reamtaremos degustando os famosos callos na Cerca, onde cada 9 de xullo se celebra a Faguía, festa declarada de Interese Turístico de Galicia.
Os interesados en participar nesta andaina poden inscribirse ata o xoves día 9 en deportes@vimianzo.es

2ª etapa do Camiño dos Faros

E tras comprobar que o Camiño dos Faros se abre ao mundo, mesmo convertido nunha rede social, xa prepara a súa 2ª etapa. A cita este domingo 12 de maio faremos a etapa do ">Camiño dos Faros que discorre entre Niñóns e Ponteceso.

A saída será da Praza de Ponteceso ás 9:00 (á beira hai un bar para tomar un café), dende onde sairá un bus ata Niñóns. Serán 27km de andaina dende a propia praia de Niñóns. Dende aí toca subida á Virxe do Faro, onde hai unhas estupenda panorámica de Ría de Laxe e dell resto da etapa. Camiñando polas terras altas de Corme, para pasar polo parque eólico, o Petón da Campaíña e a aldea de O Roncudo, antes de baixar pola aldea abandonada de Candelago ata o Faro Roncudo, outro dos fitos do camiño. Alí é onde os percebeiros xóganse a vida para arrincarlle ás rocas este preciar manxar.
Desde alí dcara ao interior da Ría, pasando polo porto pesquero de Corme e saído camiño de Valarés, pasando polas praias do Osmo, a Hermida e A Pedra dá Serpe, por unha pista forestal sobre ríaa lévanos a Valarés.

O final da etapa por Monte Branco é espectacular. Desde o mirador pódese contemplar toda a desembocadura do Anllóns, á que chegaremos atravesando as dunas de Barra e toda a ensenada da Insua, de gran importancia ornitológica. O final da etapa é na ponte de Ponteceso, en fronte da casa do bardo Eduardo Pondal.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).