Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Camiño dos Faros ábrese ao mundo

O Camiño dos Faros ábrese ao mundo
O Camiño dos Faros parte de Malpica

Segue o sendeirismo afianzándose como unha das propostas de lecer máis devezadas polos veciños coma polos turistas, e esta fin de semana dous grupos percorreron a bisbarra a pé. A primeira, pola zona de Malpica, abrindo o Camiño dos Faros; e outra ruta polas Terras de Soneira, descubrindo magníficos Recunchos da Costa.

O Camiño dos Faros ábrese ao mundo

Camiño dos Faros por San Adrián

"O Camiño dos Faros ábrese a todo o mundo. Os trasnos queremos unir Malpica e Fisterra outra vez pola beira do mar. E querémolo facer contigo". Asi nos convence "Traski" de disfrutar do Camiño dos Faros, unha ruta a pé, feita dende a cidananía, que une Malpica e Muros polo litoral. O propio Traski nolo conta:

O domingo 28 de abril ás 9:30 da mañán vintedous trasn@s, unha trasniña de 13 anos e máis os cadelos vixías Xia, Xes e Brisa comezamos en Malpica a primeira etapa deste Camiño dos Faros que levounos ata Niñóns, 22 kilómetros pola Costa da Morte nun día estupendo para andar, inspirados polos trasnos da Costa da Morte.
Despois de facer a foto do grupo no faro do Puerto de Malpica arrincamos polo paseo do Caldeirón e a Praia de Malpica cara cabo San Adrián. O grupo era heteroxéneo: xente de Coruña, de Carballo, de Malpica, de Baio, de Corcubión, de Vigo, de Monforte, xente preparada e outra menos, mais un bó grupiño que foise coñecendo polo camiño e que disfrutou desta primeira etapa.

Desde San Adrián percorremos a senda costeira fronte ás Illas Sisargas ata chegar á Praia de Beo. Alí fixeron unha pequena paradiña de avitullamento e cruzaron a praia camiño de Seiruga. En Seiruga tocou descalzarse e subirse os pantalóns pra pasar á Ría, mais iso refrescou os pes dos camiñantes para o que quedaba de etapa.

Atravesamos Seiruga e algún dos que iba diante ocurríuselle que había que parar no Bar Xan de Barizo. Non foi mala idea, a tapa de callos tamén axudaba... . Dende alí cruzamos a Praia de Barizo pra subir polo Regacho e chegar a Punta Nariga. Non é un bó tramo, e os trasnos pensamos que melloraría moito cun acceso directo do Porto de Barizo ós eólicos e de alí a Punta Nariga. Aforraríamos un tramo grande de asfalto e non perderíamos de vista ó mar en toda a etapa.
Ó chegar a Punta Nariga, outra paradiña para ver o faro e toda a costa da seguinte etapa e salida camiño de Niñóns onde chegamos sobre ás sete e media da tarde e nos esperaba o bus pra voltar a Malpica. O recorrido durou as 10 horas previstas a un ritmo tranquilo de 2,5 Km/hora e non houbo nengún percance, rematando toda a xente eses 22 kilómetros, e convertíndose en trasniños.

Cómpre descalzarse nalgún punto do Camiño dos Faros para sentir a terra... e non mollarse

Polas Terras de Soneira con Senda Nova

Paralelamente, a asociación carballesa Senda Nova artellaba un interesantísimo roteiro polas Terras de Soneira, guiado por Evaristo Dominguez Rial. Ducias de recunchos descubriron os camiñantes, ata chegar ao Pico de Meda de Zas, un dos cumios da comarca. Viron cabalos salvaxes, e disfrutaron dunhas vistas espectaculares. "Podes chegar a ver Carballo, Corme, AGualada, Santa Comba, Baio, Zas, o monte Pindo e mesmo os faros e os barquiños pasar na parte de costa que vai dende Fisterra até pasar Malpica", como nos conta Ana Belén Puñal.

Visitaron tamén o cuco museo do Liño de Carreira, un exemplo de recuperación no rural por parte da xente de O Santiaguiño, que mesmo unha investigadora canadiense, Shanon R. Roseman, fixo a tese sobre esta asociación e mesmo publicou un libro en Baía.

Pasaron polo Pazo de San Pedro de Follente e destacable tamén a piscina fluvial feita en Carreira pola Asociación de Veciños e Veciñas do Santiaguiño... un sitio ideal para as churrascadas estivais.

Piscina natura en Carreira nunha vista de Senda Nova-Foto- Ana Belen Punal

A seguinte ruta primaveral de Senda Nova pola Costa non será ata o 19 de maio, que fará a Ruta das Mámoas por Cabana de Bergantiños. Pero antes irán a Trazo, a coñecer a Forza do Río Chonia o vindeiro 12.

Vindeiras citas co Sendeirismo

A seguinte Andaina será o sábado 4 de maio. É unha ruta costeira moi bonita que transcorre entre as poboacións de Moreira e Nemiña (Muxía). Teremos a ocasión de visitar o punto terrestre máis occidental de Europa (o Cabo Touriñán) e desfrutaremos das marabillosas vistas da costa muxiana. Se queredes inscrivirvos non tedes máis que enviar un correo antes do xoves 2 de maio a [email protected] indicando nome e apelidos, nº tlf, poboación e se colleredes o bus en Vimianzo ou vos desplazades directamente a Moreira.

Outra das citas pendentes será a do 2º Roteiro polo Camiño dende Cee. Despois do éxito acadado no I Roteiro polo Camiño no Concello de Cee, a Concellería de Cultura, Educación e Deportes organiza unha segunda edición, desta vez percorrendo o tramo que vai desde a ermida das Neves ata Estorde, para o sábado 4 de maio a partir das 16.30 horas. O prazo para anotarse estará aberto ata o 29 deste mes de abril.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios