Venres. 29.03.2024
El tiempo

Javier Couto: “O turista cada día é máis esixente, e cada vez pide máis sendeirismo”

Javier Couto: “O turista cada día é máis esixente, e cada vez pide máis sendeirismo”

Boa semana para falar de sendeirismo na Costa da Morte. I é que o pasado mércores os Concellos de Vimianzo, Ponteceso e Camariñas uniron forzas para artellar un programa que fomente o sendeirismo na zona. E queremos falar precisamente de sendeirismo con Javier Couto, técnico de Turismo no Concello de Ponteceso e un dos que máis saben da materia en toda a bisbarra. E se non que o pregunten na Casa do Demo...

O Concello ademais utiliza a súa web municipal www.ponteceso.net como escaparate tanto para turistas como para veciños. "Xa temos subidas na sección de Ponteceso Turismo moita información de roteiros con tramos de rutas, por temáticas, zonas e mesmo por horarios".
Couto apunta que a información tamén se dá a pé de rúa. "Continuamente informamos a grupos de sendeiristas, i é que que cada ano veñen un mínim de 6 ou 7 grupos de fóra para rutas guiadas".

Sobre os que veñen pola súa conta, "notamos que o turista hoxe en día é mais esixente, e quere máis cousas, e cada día máis sendeirismo. Iso si, unha vez que chegan hai que coidalos e mimalos e darlle todas as posibilidades que temos, en sendeirismo, rutas, praias, xantar... para que se sintan cómodos, e volvan, e ademais fagan do boca a boca un escaparate turístico incalculable".

Oferta diversa

Precisamente este é un dos roteiros que ofrecen no concello pontecesán, onde teñen varios estilos de Roteiros con obxectivos distintos. Javier cóntanos: "Temos unhas rutas por parroquias, para irmos coñecendo os entornos naturais e culturais. Pretendemos con cada ruta ir descubrindo enclaves de cada parroquia. Por iso, estes roteiros valen para a xente de aquí como coma un recurso turístico etnográfico moi explotable".
"Hai outro tipo de Rutas máis paisaxísticas", continúa Couto, "como a de Ponteceso a Corme, con valores mediambientais, ornitolóxico e cultural, ou unha chamativa ruta dos percebeiros".
"Tamén temos varias rutas longas, de máis de 5 horas, unha polo río Anllóns arriba, que de feito aínda a estivemos desbrozando estes días, e outra polo mar".
E non acaba aí a oferta, pois unha das máis senlleiras é a "Ruta Pondaliana". "A partir de maio volveremos a percorrer esta ruta con grupos de alumnos de varios centros da bisbarra. E iso repercute en que volven os pais e as familias, ou eles mesmos cos seus amigos", destaca Javier, que apunta que ademais de espallar o tesouro cultural da zona aos máis novos, pode servir como motor económico.
E que dicir da Ruta nocturna, outro dos toteiros máis curiosos que ofrece o Concello.

Técnicos de Turismo

Preguntámoslle a Javier pola necesidade de que os Concellos teñan un técnico e un Departamento de Turismo nesta a nosa bisbarra. Couto teno claro, son necesarios, "pero hai que facer turismo a pé, acompañar aos turistas para ver as súas inquedanzas, e as súas necesidades. Tamén hai que levalos a ess recunchos con encanto fóra dos circuitos".
"Creo que sería convinte e necesario que houbese un técnico en cada Concello, pero cada un decide as súas necesidades. Se sería interesante? Pois si", sentencia.
"Tamén sería convinte unirse e falar, e aí hai moita diversidade, se cadra se podería facer algún proxecto en común", como o que vimos esta semana.

Couto, que ten participado en reunións comarcais como a última arredor da campaña Galicia en Color, ou algunha da Ruta do litoral de Neria... "Pero son cousas puntuais", critica. "Cada un traballa de forma autónoma, e a verdade é que non cooperamos moito", lamenta, mentres lembra que "é unha pena que a cousa do Consorcio continúe parada".

Roteiros homologados na Costa da Morte?

Hai pouco facíamonos esta mesma pregunta co técnico de Laxe, outros dos grandes especialistas do turismo natural da zona. Joaquín valoraba que a necesidade é ter sendeiros, non tanto homologados.

Para Javier, "as rutas de sendeirismo son fundamentais como oferta turística. De feito, moitos dos turistas que chegan por aquí fano para preguntar por elas". Sobre a homologación, Couto é máis positivo, e de feito o Concello de Ponteceso xa ten un roteiro en proceso de homologación. "Eu creo que si que vale para algo. Nós xa temos sinalizado un dos roteiros, e só nos queda a certificación por escrito. Xa temos pagado as tasas e só falta que veñan a vela da Federación Galega de Montañismo para certificar que está perfectamente conforme cos seus requisitos.

Vai máis alá. "É un custe inicial pero considero que é positivo. Eu creo que se tes unha ruta homologada, xa estás na web e no folleto de Turgalicia, e iso xa é unha publicidade importante", valora. "Ademais, esto obrígache a que sempre estea listo", e que non dependas do goberno de turno, máis ou menos afín aos gastos en materia natural.

Rutas cicloturísticas

Non quedan a pé por Ponteceso. "As rutas cicloturísticas tamén son importantes. Estamos en camiño de sinalizar dúas rutas BTT, tan de moda ultimamente. Unha vai ser homlogada, e outra percorre as parroquias, por camiños de zahorra e vai ser tamén moi bonita", apunta.

Así que ide preparando as botas, e as bicis, que marchamos de ruta por Ponteceso.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios