Martes. 23.04.2024
El tiempo

5 Andainas por Ponteceso, Muxía, Vimianzo, Corcubión e Camariñas para coñecer a Costa da Morte a través do sendeirismo

5 Andainas por Ponteceso, Muxía, Vimianzo, Corcubión e Camariñas para coñecer a Costa da Morte a través do sendeirismo
Andainas Costa da Morte dende Vimianzo

O ano pasado foron un rotundo éxito. I é que a idea de vetebrar a Costa da Morte a través do sendeirismo é sanísima. Fantástica é esta unión entre os cinco os concellos que se suman a esta iniciativa: Camariñas, Corcubión, Muxía, Ponteceso, e Vimianzo. Entre os cinco veñen de elaborar un programa bastante completo baixo o nome de "Andainas 2013 Coñece a Costa da Morte" cunhas rutas moi atractivas, tanto pola súa beleza paisaxística como polo valor cultural que encerran os camiños polos que imos pasar.

A presentación foi realizada polos alcaldes, que tiveron o apoio do técnico de deportes do Concello de Vimianzo, Víctor Santos, un dos guías das rutas. Víctor estivo acompañado polo seu alcalde, Manuel Antelo Pazos, ademais do alcalde de Camariñas Manuel V. Alonso de León e mais a concelleira de Deporte, Mª del Carmen Linares Chica e o técnico municipal de deportes, Fran Puga; o técnico de deportes de Corcubión, Carlos Pazos; o alcalde de Muxía Félix Porto Serantes e o técnico de deportes, Diego Castiñeira; e mais o alcalde pontecesán, José Luis Fondo Aguiar xunto co técnico de turismo, Javier Couto, co que por certo, xa falamos sobre sendeirismo nunha ocasión.

Representantes políticos e técnicos na Presentación das Andainas Costa da morte

Víctor destacou que "todas as rutas son moi bonitas": 4 delas son andainas que van bordeando a costa (Camariñas, Corcubión, Muxía e Ponteceso). A de Vimianzo non é costeira pero si se poderá disfrutar das fermosas vistas de Muxía e Camariñas, xa que haberá que sibir ó monte Faro.

A principal novidade de este ano é que todas as rutas están pensadas para facer en horario de mañá, rematando entre as 13:00 ou as 15:00 en función dos quilómetros da mesma. Estas son as 5 rutas:

1-Ruta Ponteceso 2-Ruta Muxia 3-Ruta Vimianzo 4-Ruta Corcubion 5-ruta Camarinas

Máis información e inscricións

Vaise realizar unha andaina en cada un destes concellos e todos os que queirades participar estades invitados. Solo tedes que inscribirvos.
Para facer a inscrición podedes enviar un email a esta dirección, tedes que facelo antes do día sinalado como data límite de inscrición, que será o xoves anterior ó día da andaina.

Coma sempre, independentemente de onde sexa a ruta, o punto de partida para coller o autobús será a Praza do Concello ás 9:00 da mañá, para comezar a andar á 10:00h.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios