Venres. 29.03.2024
El tiempo

As Andainas invaden a Costa da Morte

As Andainas invaden a Costa da Morte
Moi fermosa a Andaina polo Anllons

Comezaron as Andainas pola Costa da Morte coa chegada de Lorenzo. Esta fin de semana xa puidemos ver varios grupos en marcha percorrendo sendeiros na zona, e as vindeiras semanas serán máis as citas saudables.

As que comezaron rompendo moldes foron as Andainas artelladas por 5 concellos da zona. A primeira foi entre Ponteceso e Corme e tivo unha tremenda de acollida coa mellor marca de participación que se recorda: 119 participantes chegados dos concellos de Corcubión, Muxía, Vimianzo, Camariñas e como non, Ponteceso. Todos xuntáronse na Praza do Recheo de Ponteceso dispostos a percorrer os 11,5 Km da ruta, acompañados polo técnico de turismo de Ponteceso, os técnicos de deportes de Camariñas, Muxía e Vimianzo e o tenente alcalde de Corcubión, Manuel Ínsua.
Ás 10.15 da mañá cun fermoso sol presidindo o ceo saían os sendeiristas percorrendo a ribeira do Anllóns para continuar polo areal da Barra e a praia de Valarés antes de chegar ao destino final da ruta en Corme ao carón do Faro Roncudo a onde chegaron arredor das 14 horas. Xa rematado o percorrido os sendeiristas puideron gozar dunha tranquila visita ao Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte.

Rotundo exito de participacion na Andaina por Ponteceso

A seguinte Andaina será o sábado 4 de maio. É unha ruta costeira moi bonita que transcorre entre as poboacións de Moreira e Nemiña (Muxía). Teremos a ocasión de visitar o punto terrestre máis occidental de Europa (o Cabo Touriñán) e desfrutaremos das marabillosas vistas da costa muxiana.
Se queredes inscrivirvos non tedes máis que enviar un correo antes do xoves 2 de maio a [email protected] indicando nome e apelidos, nº tlf, poboación e se colleredes o bus en Vimianzo ou vos desplazades directamente a Moreira.

2-Ruta Muxia

E outra das citas da pasada fin de semana foi artellada polo Centro Social de Cee. Así, o pasado sábado día 20 realizaron un roteiro de sendeirismo por Malpica onde os participantes visitaron a Ermida de San Adrián e o pobo de Malpica. Tamén despois en autobus desprazaronse a visitar o Forno forte de Buño e a Cida do Castro. A este roteiro asistiu a concelleira Mª Isabel Fernández e a coordinadora do Centro social Mª José Toba.

Caminantes-de-Cee-en-San-Adrian-de-Malpica

Rubindo o Pindo

Participantes no roteiro das Peixeiras no cumio do Pindo-Foto Senderismo Costa da Morte

O domingo tocou cita no Pindo, e co fermoso Roteiro das Peixeiras. Un pequeno grupo disfrutou dunha vista singular, e con historia, do Olimpo Celta, i é que este camiño era o que utilizaban as antigas peixeiras para levar o peixe dende a zona de Muros ata a de Cee.

Roteiro Circular Monte Pindo

As citas co Pindo continúan en maio II Roteiro Circular Monte Pindo "para non perderse". A Asociación Monte Pindo Parque Natural artella este macroroteiro que se desenvolverá o sábado 18 de maio polo Monte Pindo desde as 10:00 horas con saída e chegada no lugar do Pindo.
Trátase dun roteiro circular (con saída e chegada no mesmo punto, a praza da Solaina do Pindo) e un chisco máis longo dos que vimos facendo de xeito habitual, deseñado para visitar nunha mesma xornada algúns dos puntos máis interesantes da orografía do monte sacro dos nosos antergos, coma o Pico Penafiel, o Castelo de San Xurxo, o Xigante da Mina, a Cova da Xoana ou o Cadoiro do Ézaro coa súa maxestuosa fervenza desde un punto de vista pouco habitual, facendo cumio na Laxe da Moa, visita obrigada.

A asistencia por suposto é libre e gratuita. Os participantes deberán traer o seu xantar, roupa e calzado cómodos e acaídos ás condicións meteorolóxicas do día, e auga.

Máis citas co sendeirismo

Roteiro xadrecístico por Muxía

O club Cabo Touriñán e o Concello de Muxía, invita a tódalas persoas que se despracen o día 27 de abril a Muxía, a participar no Torneo de Apertura do VIII Circuíto Galego de promoción do Xadrez 2013. Un torneo a golpe de unha ruta a pé guiada (seguindo as numerosas sesións de sendeirismo abertas coa primavera), onde poderán visitar os puntos máis simbólicos da vila da Barca.

O Camiño dos Faros

O Camino dos Faros da Costa da Morte con Traski

Esta xa é este domingo 28 de abril, e a brava xente que está a promocionar Camiño dos Farosabren as portas para que todos os que queiran poidan disfrutar, con eles, desta 1ª Etapa que une Malpica e Niñóns (22 Km). A saída de Malpica, da Cafetería Santiago Apóstol, será ás 9:30h, para chegar ao lugar de Niñós arredor das 18:30h.
Farán paradas na praia de Beo e de en Punta Nariga, disfrutando, por suposto, dunha paisaxe a cada paso”.

Roteiro polo Camiño en Cee

Outra das citas pendentes será a do 2º Roteiro polo Camiño dende Cee. Despois do éxito acadado no I Roteiro polo Camiño no Concello de Cee, a Concellería de Cultura, Educación e Deportes organiza unha segunda edición, desta vez percorrendo o tramo que vai desde a ermida das Neves ata Estorde, para o sábado 4 de maio a partir das 16.30 horas. O prazo para anotarse estará aberto ata o 29 deste mes de abril.

Privamera en Ruta con Senda Nova

Privamera en Ruta 2013 con Senda Nova

E non se nos pode esquecer as propostas da bergantiñá Asociación Senda Nova trae un calendario de camiñadas para esta IV Privamera en Ruta espectaculares. Este ano celébrase a IV edición cun total de nove percorridos, dos que quedan aínda estes 6 por facer.

O primeiro é o das Terras de Soneira e será este sábado 27. O roteiro, deseñado polo historiador de Zas Evaristo Domínguez Rial, percorrese por terceiro ano consecutivo sendo na edición pasada a marcha con maior volume de participación das organizadas pola entidade, acadando casi o centenar de persoas. O propio Evaristo Domínguez, que será anfitrión de luxo, encargouse de desmenuzar o percorrido e obxectivos na presentación do roteiro que se celebrará este vindeiro domingo.
Castros como o de Vilastevez ou Pico de Cruz, mámoas como a do Cedreiro ou da Mina, as ruinas das Torres de Surribado, a zona do asentamento romano da Agra da Cruz, a igrexa da Gándara, o Pazo de Follente ou o museo do liño da AAVV O Santiaguiño de Carreira son lugares a visitar e aprender, sobre todo grazas ás explicacións de Evaristo, coñecedor desta zona especialmente ao ser natural da parroquia de Gándara. Aparte de todos os vestíxios históricos, dicir que a ruta sairá dende a ferveda do Rabiñoso, no límite con Coristanco e fará parada no alto de pico de Meda, con 566 m. onde aproveitarán as excelentes vistas panorámicas.

Os lugares e prezos de inscripción son os habituais. Para esta ruta en concreto tamén se pode inscribir ata o venres no concello de Zas en horario de mañán. Saidas de bus son do Concello da Laracha (9:00), do Pazo da Cultura de Carballo (9:15), do Concello de Coristanco (9:30) e polo Concello de Zas 9:50

Roteiro Terras de Soneira Senda Nova

Estas son todas as citas que quedan con Senda Nova:

Citas da Privamera en Ruta 2013 de Senda Nova

Novas relacionadas

Máis Novas

Fonte

Fonte

Comentarios