xoves. 22.05.2025
El tiempo

Demelsa Marcote e Miguel Canalejo enfrontaranse a Alba Castro e Luís Baña na final do Concurso de Monólogos do Camping Lagomar

Miguel Canalejo e Demelsa de Camelle
Miguel Canalejo e Demelsa de Camelle o pasado venres no Camping
Demelsa Marcote e Miguel Canalejo enfrontaranse a Alba Castro e Luís Baña na final do Concurso de Monólogos do Camping Lagomar

O fantástico Concurso de Monólogos do Camping Lagomar xa ten gran final. Despois da vitoria de Alba Castro e Luís Baña na primeira semifinal, este pasado venres foron Miguel Canalejo e Demelsa Marcote as que se clasificaron na segunda cita.

O herculino e a camellá fixeron as risas do auditorio, e foron escollidos por diante Charly Char (@eusoncharly da Capela), Tano Bafar (@tino.barros_ de Arca, O Pino). Nótase que o humor camellán tira moito!

Así, a gran final deste venres 23 de maio, a partir das 21:00h no camping de Merexo, cunha marea de sorpresas será coas actuacións de:

Final monologos muxia

Máis novas

Comentarios