Mércores. 18.05.2022
El tiempo

Dous accidentes deixan varios feridos en Muxía e Carballo

Dous accidentes deixan varios feridos en Muxía e Carballo

Son varios os accidentes que tiveron lugar no que levamos de ponte.

O venres 28, arredor das 21:45h da noite, un camión grúa sufría unha saída de vía e batía contra un eucalipto na estrada de Bardullas a Vilarmide, en Muxía. Acodían Garda Civil, Protección Civil, e os Bombeiros. O condutor conseguía saír cos seus propios medios do vehículo con feridas leves, e Bombeiros e Garda Civil colaboraron para restablecer o tráfico.

O sábado 29, arredor das 10:45 horas da mañá, unha saída de vía rexistrada esta mañá en Carballo deixa catro persoas feridas. Máis en detalle, o accidente produciuse na estrada que conecta Berdillo coa Laracha, na zona da Piña.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou aos Bombeiros de Carballo, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Fonte

  • Axega.

comentarios