Entran a roubar na Igrexa da Virxe da Barca



Ergueuse a Igrexa da Virxe da Barca profanada esta mañá de venres 22 de decembro de 2017. Algún non quixo esperar a ver se lle tocaba o Gordo e decidiu collerse o premio pola súa conta. Entraron a roubar facendo un corte na porta lateral da Igrexa, unha porta de madeira maciza.
Segundo nos confirman as forzas de seguridade, os asaltantes causaron diferentes danos dentro da Igrexa e levaron unha certa cantidade de diñeiro. Romperon varios petos de donativos para ver se había cartos, pero o certo é que non destrozaron demasiado.
O párroco estaba nestes momentos facendo reconto dos cartos roubados e dos desperfectos e presentando a denuncia.
Lamentablemente non é a primeira ocasión que rouban na igrexa muxiá, como noutras igrexas da zona, como vemos nestas Novas relacionadas:
Novas relacionadas
- 2017: Operación Ninja Negro: Dous detidos por 7 roubos (4 en igrexas) por toda a bisbarra vestidos de ninja.
- 2016: Rouban a campá da Capela de Monte Torán.
- 2013: Detido por intentar roubar na Igrexa de Cesullas.
- 2012: Un detido por roubar en dúas igrexas e outro por intentar cobrar un cheque roubado.
- Lema Suárez: As imaxes roubadas das igrexas de Nande e Traba (Laxe): hai interese por evitalo?.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).