Iago Toba continúa como alcalde de Muxía trala falta de acordo entre os 3 grupos
Nun pleno abarrotado, e tras dúas semanas de alta tensión na vila, o socialista Iago Toba recolleu, por segundo mandato consecutivo, o bastón de mando como alcalde de Muxia.
Non valeu o compromiso común de favorecer un cambio ante os intereses partidistas das 3 forzas políticas. PP, Independentes por Muxía e BNG non chegaron a un acordo e á hora da verdade. Se o PSOE sumou os seus 5 votos, o PP votouse a si mesmo e non favoreceu a investidura do Independente Javier Sar, que sumou os seus 2 votos e o do BNG.
Triunfaron a política do medo e os vetos cruzados para que Muxía siga inserida nun ambiente de tensión máxima, trasladada dende os políticos á veciñanza, comose comprobou estes días con pintadas e ameazas nas redes sociais.
O alcalde deu un discurso no que agradeceu o “cariño da xente” afirmando que “non se rendira e loitara pola xuventude e os maiores”.
NOVAS RELACIONADAS
- Os cambios no PP e no BNG provocan un cambio no escenario político muxián a 3 días da investidura
- A complicada tesitura dos 3 grupos muxiáns para evitar que Iago Toba siga na alcaldía.
- Eleccións 2023 en Muxía: O PSOE mantense como forza máis votada a pesar da caída.