López Abente xa ten a súa partitura

Está de noraboa a Fundación López Abente que xa pode escoitar os versos musicados do seu poeta. I é que o compositor alicantino Miguel Brotóns acaba de enviarlle á Fundación a partitura da versión do seu poema "O meu Mar".

Unha partitura na que conflúen versos e notas e que xa nos pon as orellas de punta desexando poder escoitalo en directo. Veremos se finalmente pode ser nos actos do 50º aniversario do pasamento de López Abente, no que xa están traballando encarecidamente dende a Fundación muxiá.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte