Martes. 10.12.2019
El tiempo

Fin de semana Abentina, peregrina e literaria en Muxía

Fin de semana Abentina, peregrina e literaria en Muxía

Fin de semana Abentina e literaria en Muxía, pois a vila da Barca acollía unha emotiva Ruta Abentina para coñecer os segredos do poeta local, así como un novedoso outlet de libros, que tivo unha grande acollida.

Ruta Abentina

X.H. Rivadulla Corcón e Xan Fdez. Carrera presentaron a Ruta Abentina por Muxía

Unhas 40 persoas participaron na Ruta Abentiana por Muxía que organizou a Fundación Gonzalo López Abente o pasado sábado, para percorrer a vila visitando lugares emblemáticos na obra do poeta muxián. A ruta, deseñada por Xan Fernández Carrera, estivo guiada por el mesmo, e foi acompañada con lecturas de poemas de López Abente, que fan referencia ou teñen relación cos lugares visitados. A lectura de poemas correu a cargo de X. H. Rivadulla Corcón, Serxio Iglesias, Carmen Sambad, Dolores Canosa, Rosalía Fernández, Xosé Manuel Varela, Miguel Vázquez Freire e Xaime Trillo.

A ruta ademáis de dar a coñecer elementos da historia da vila de Muxía e da obra do poeta López Abente, segue o obxectivo da fundación de dar difusión á obra do poeta, e ademáis foi un bo momento para reunir 8 poetas da Costa da Morte, que prestaron a súa voz aos versos do poeta do mar, demostrando unha vez máis a forza de esta terra vizosa en literatura.

A Fundación López Abente quere facer público o seu agradecemento ás persoas que acompañaron a ruta e aos e ás poetas que deron voz aos poemas do autor muxián.

Outlet de libros

Inauguración do 1º Outlet de Libros de Muxía

Grande acollida a que tivo tamén o 1º Outlet de libros de Muxía. A praza do Cabo da Vila muxiá acolleu durante a fin de semana esta proposta para recuperar o troco de cultura que se viu marcada pola visita dos pesos pesados culturais da zona. Na inaguración estiveron presentes o Alcalde e presidente da Fundación López Abente, Félix Porto, e o editor Quique Alvarellos, o poeta Miro Villar, entre outros, como os responsables das outras editorias organizadoras.

O Outlet viviu o seu momento máis intenso co "Expres Literario", un compendio de poemas lanzados á atmósfera dende a que esta fin de semana se convertiu na vila literaria máis prolífica do país. O acto consistiu en presentacións de libros curtiñas. Cada presentación no podía exceder dos 10 minutos. Desfilaron autores presentando libros que teñen publicados ou que van ver a luz en breve dentro das editorais participantes como Alvarellos editora, Sotelo Blanco, Urco Editora e Edicións Positivas. O acto estivo presentado polo editor Paco Macías (edicións Positivas) e participaron Paco Souto, Miguel Mato Rivadulla Corcón, Rosalía Fernández, Miro Villar, o editor Henrique Alvarellos, e Samuel París, dende Muros e con moita terbutalina. Estiveron acompañados pola música de Mon Búa.

Samuel París, Rosalía Fdez, Paco Souto e Miguel Anxo Mato Fondo foron algúns dos contacontos do Expres Literario de Muxía, ao compás da guitarra de Mon Búa

Homenaxe a Pombo e De la Riera

Outra das citas muxiás da fin de semana tivo tintes peregrinos. I é que un grupo de amantes do Camiño de Santiago da Costa da Morte quixeron rendir homenaxe a dous dos grandes valedoras da Prolongación do Camiño ata Fisterra-Muxía. Jose Antonio de la Riera e Antón Pombo recibiron unha humilde pero moi emotiva homenaxe, con regalos pero sobre todo, con moito cariño e agradecemento polo seu incansable traballo.

Cómpre reseñar o valor destas manifestacións públicas de agradecemento, unha vez que nesta bisbarra ás veces esquecemos o traballo desinteresado dalgunhas persoas porque non conflúen exactamente coas nosas premisas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios