Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Fundación López Abente xa prepara o Cincuentenario do falecemento do autor e a homenaxe a Rosalía

A Fundación López Abente xa prepara o Cincuentenario do falecemento do autor e a homenaxe a Rosalía
A Fundación López Abente prepara o 50 aniversario do pasamento do autor

Continúa en marcha a Fundación Gonzalo López Abente, e esta semana a Comisión Executiva tiña unha reunión para ir pechando os actos dos vindeiros meses. Un 2013 que terá dous claros focos de atención, o 50 aniversario do pasamento do autor muxián, así como unha homenaxe a Rosalía de Castro.

A homenaxe a Rosalía, que terá lugar o día 2 de marzo, que consistirá na inauguración dunha placa no lugar onde estivo ubicada a casa na que se aloxou Rosalía na súa estadía en Muxía, cando acompañada por Eduarda Pondal (irmá do bardo pontecesán) acudíu a Romaría da Barca, no ano 1853. Haberá lectura de poemas por parte de escolares do municipio e a continuación unha conferencia de Manuel Vilar, sobre a relación de Rosalía e Muxía e de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, que deste xeito participará nos actos.

Cincuentenario da morte de López Abente

A entidade xa está en marcha pratexando a conmemoración do cincuentenario da morte de Gonzalo López Abente, que terán lugar o 20 de xullo con conferencias, actuacións musicais e a presentación da publicación da Obra Poética Completa, que está rematando de preparar o escritor e membro da Comisión Executiva, Miro Villar.

Tamén no presente ano será publicada a unidade didáctica sobre López Abente que preparou Xan Fernández e que levará ao autor aos centros educativos, e está en preparación outro proxecto no que traballará X. H. Rivadulla Corcón para achegar a figura e obra de López Abente aos máis pequenos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios