Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Fundación López Abente segue dando pasos na recuperación da obra do poeta muxián

A Fundación López Abente segue dando pasos na recuperación da obra do poeta muxián

Varias novidades nos presenta a Fundación López Abente neste comezo de 2013. A entidade, encargada de recuperar a difundir a obra do poeta muxián, continúa achegándonos interesante información a través da súa activa web lopezabente.org.

A Fundación segue preparando na sombra os actos relacionados co 50º Aniversario do pasamento do poeta. Uns actos nos que se espera que fagan pública a obra completa de López Abente, e que de seguro se convertirán Muxía no epicentro cultural que, sen lugar a dúbidas, xa é.

Por exemplo, a entidade destaca a nova conquista do poeta, unha vez que o través do compositor alacantino Miguel Brotóns vén de compoñer unha nova partitura para canto e música de piano do poema "O meu mar" de Gonzalo López Abente. Xa temos a López Abente en clave musical.

Ademais, e xa en clave literaria, hai dúas novidades, pois O poeta muxián conta con dous poemas en Sinfonía Atlántica, a nova Antología General da poesía galega publicada por Eneida.

E paralelamente, Miro Villar, un dos responsables da Fundación e un dos activos culturais máis valiosos da comarca, vén de recuperar un artigo de Salvador Lorenzana sobre López Abente. De feito, o texto "Presencia da obra de López Abente", asinado como Salvador Lorenzana (o pseudónimo máis habitual de Paco Fernández del Riego) será publicado nas obras Completas de López Abente.

Fonte e máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios