Lourido tamén sofre esta praga transitoria dos lumes

Incendio en Lourido
  • [Última hora, 9:00h]: Segundo Protección Civil, o lume quedou controlado ás 1:00h

Noites de lume as que estamos a sufrir na Costa da Morte. Por Ponteceso e Corme levan 3 días salvaxes mesmo con desaloxos, como tamén está a acontecer en Xaviña, Camariñas. Por Esteiro tamén estiveron a pasada noite pendentes do lume.

E arredor das 23:00h do martes, prendían lume tamén en Lourido, Muxía, moi preto do Parador e de varias casas. Un pequeno conato comezaba a extenderse pola complicada xeografía que impedía achegarse aos medios terrestres, e polas horas, que impedía que actuasen os medios aéreos. Ademais, o forte vento espallaba o lume monte arriba.

Os medios de extinción, e as cisternas da veciñanza, están cargadas na estrada de arriba para evitar que non suba ata o monte Facho.

Incendio en Lourido co Parador ao lado

Máis novas