domingo. 05.10.2025
El tiempo

Outro incendio provoca a activación da Situación 2 en Xaviña

  • [Última hora 21:00h do mércores]: Segue activo o incendio forestal do concello coruñés de Camariñas, parroquia de Xaviña, malia que xa se desactivou a Situación 2 ás 19.58 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 16.57 horas de onte e afecta unha superficie de arredor de 50 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o momento 3 técnico, 13 axentes, 14 brigadas, 11 motobombas, 2 pas e 4 helicóptero. Tamén participaron nos labores de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Incendio Xavina-Camarinas
Outro incendio provoca a activación da Situación 2 en Xaviña

Mentres a alarma saltaba en Corme pola grave situación do cuaro incendio en 3 días, os desalmados aproveitanan para seguir prendendo o pánico. Desta volta en Xaviña, Camariñas, cando ás 17:00h da tarde o fume alertaba dun novo foco entre a Brea e A Cancela.

A proximidade ás casas provocaba que a Xunta decretase a Situación 2, como medida preventiva pola súa proximidade ás vivendas, máis concretamente ao núcleo de Pedrouso.

Ao longo da tarde, sospeitosamente xurdían novos focos en Xaviña (Brea, Chandeira, Sisto e Cancela) e en Camariñas (na zona dos Riás). Este de Riás era controlado pola rápida intervención de Protección Civil e os Policías Locais e Camariñas e Muxía.

Pero o lume de Xaviña continúa activo, como informa a Consellería de Medio Rural, unha vez que xa superou as 20 hectáreas afectadas. Para a súa extinción mobilizáronse 3 brigadas, 3 motobombas, 3 axentes, 1 técnico, 1 helicóptero, 1 motobomba e un camión de bomberos do Concello de Camariñas, Grumir de Vimianzo, dúas motobombas de Muxía, ademais de centos de veciñ@s. A UME do Exército desprazouse ata a vila durante a noite.

A información das 9:00h da mañá, sinala que o lume segue activo, pero sen afectar ás vivendas; non hai estradas cortadas, e xa hai 50 hectáreas de superficie afectada.

Incendio Xavina-Camarinas 2
Imaxes do Incendio de Xaviña
Imaxe do incendio de Xaviña
Imaxe do incendio de Xaviña
Incendio Xavina-Camarinas 2
Incendio de Xaviña

 

Policia Local Incendio camarinas
Policia Local e Protección Civil controlando o lume de Riás
Proteccion Civil incendio Xavina
Medios locais controlando o foco de Riás 

Outras novas

Comentarios