domingo. 05.10.2025
El tiempo

Denuncian a Naturgy por desbrozar a franxa da liña de alta tensión que provocou o incendio do Couto dous días despois do lume

  • [Última hora, martes 5 ás 09:00]: Está extinguido desde as 23.17 horas de onte o incendio do concello coruñés de Ponteceso, parroquia de Cospindo, que finalmente afectou unha superficie de  245,38 hectáreas.
    Desde as 23.32 do domingo permanece estabilizado outro incendio neste mesmo concello, parroquia de Brantuas, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 170 hectáreas.
    Está xa controlado desde as 20.09 de onte o lume forestal da parroquia da Graña, tamén en Ponteceso, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de preto de 100 hectáreas
Furgoneta de Naturgy desbrozando a franxa de alta tension que provocou o incendio do Couto
Furgoneta de Naturgy desbrozando a franxa de alta tensión que provocou o incendio do Couto este luns
Denuncian a Naturgy por desbrozar a franxa da liña de alta tensión que provocou o incendio do Couto dous días despois do lume

O primeiro dos tres graves incendios que sufríu esta fin de semana Ponteceso (aínda na noite do luns seguen estabilizados, que non extinguidos) orixinouse pola explosión dun cable de alta tensión no alto do Couto (houbo tamén unha caída dun cable na Agra do Couto. Unha franxa que que non estaba desbrozada, como mesmo chegou a denunciar, hai un mes, un veciño da zona, que presentou unha denuncia a Naturgy, propietaria e responsable de manter limpa a granxa (como manda a Lei de Montes), ante a Garda Civil.

Pero Naturgy non apareceu a desbrozar en maio, non apareceu en xuño, e non apareceu en xullo. Apareceu este luns 4 de agosto, 2 días despois dun incendio provocado pola súa irresponsabilidade. A veciñanza volveu denunciar á empresa, desta volta por ocultación de probas, pois as forzas de seguridade están a investigar a orixe do lume para esclarecer responsabilidades.

Naturgy desbrozando a franxa de alta tension que provocou o incendio do Couto
Furgoneta Naturgy desbrozando a franxa de alta tension que provocou o incendio do Couto
Naturgy desbrozando a franxa de alta tension que provocou o incendio do Couto restos
Restos do desbroce deste luns 
Asi estaba a franxa antes do incendio
Asi estaba a franxa a mesma mañá do luns preto das vivendas do Couto
Incendio o Couto franxa liña alta tension
Asi estaba a franxa a mesma mañá do luns preto das vivendas do Couto

Novas dos incendios

Comentarios