O Mar na escola segue convertindo aulas en auténticas tripulacións en Muxía
Recta final de curso, e tamén recta final do proxecto “O Mar na Escola 2026, Xogando co Vento”. Esa proposta que leva máis de 20 anos achegando o mar da comarca aos currículos escolares a través do deporte da vela. Desenvolto pola Escola de Vela Cataventos, este ano particinan 380 nenos participantes de 14 centros educativos da comarca, demostrando unha vez máis a importancia de coidar e conservar o mar a través de actividades acuáticas.
A edición deste ano constou, dende marzo ata este mes de xuño, de 38 sesións no mar e 16 sesións teóricas, gracias á colaboración dos concellos de Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión, Muxía e Carnota, o Club Marítimo Carrumeiro, a Real Federación Galega de Vela, a Secretaría Xeral para o Deporte e o patrocinio de Stolt Sea Farm, que desenvolve o 8º Concurso de Debuxo Infantil “Acuicultura de Rodaballo: Beneficios para a Nosa Saúde e o Planeta”, do que pronto coñeceremos os gañadores.
Despois de tres meses de actividade no porto de Corcubión, este mes son un cento de rapaces dos centros CEIP Virxe da Barca, CEIP Os Muiños, CEIP Vilarmide, e IES Ramon Caamaño (estes durante o mes de maio para non interceder cos últimos exames de curso) os que aproveitan as instalacións do Porto Deportivo de Muxía.
Dende Cataventos, Noemí Bermúdez Elorza e Marcos Trillo sinalan que "os resultados ano tras ano son claramente positivos, xa que os grupos son máis grandes, o número de sesións no mar e de teoría aumentou e hai unha maior implicación por parte de todas as partes. Ademais, os mozos estudantes agardan con impaciencia o momento de participar no programa cos compañeiros e volver como unha tripulación con incontables experiencias e aventuras compartidas".