María Rei Vilas leva a súa novela "Flores de Ferro" a Muxía

13:33 02/03/23
Da man da brava mestra Luisa Gerpe, o Salón de Actos do Voluntariado acolle este sábado 4 de marzo, ás 20:00h, a presentación do libro “Flores de Ferro”. María Rei Vilas presentará esta novela, que mesmo está a ser teatralizada por un grupo arteixán, e levou Premio de Novela García Barros.
A autora larachesa debullará esta historia dunha muller de 80 anos que repasa os tempos da guerra civil.