Merexo volveu gozar do certame de empanada de rodaballo
Este sábado 25 de abril de 2026 celebrouse o "IV Certame da Empanada de Rodaballo de Merexo", que este ano foi adicado a "Casa Lola", emblemática casa de comidas coñecida dende Coruña a Santiago, e onde se degustaban exquisitor manxares coma o txangurro.
A Asociación Os da Urxeira contou coa colaboración do CEIP de Os Muiños para realización dos debuxos para o cartel. Este ano, o primeiro premio foi para María García Barrientos de 5º Primaria; o 2º foi para Simón Espasandín Pérez de 5º, e o 3º premio para Arya Scarlet Smith Ramos, tamén de 5º curso. Os gañadores recibiron os seus premios entre aplausos dos presentes.
A verdade que este ano o xurado tivo moi dificil elixir os tres gañadoresdo IV Certame, que caeron en María Engracia Insua Frade, que quedou terceira, Manuel Sambad Vilela segundo e a gañadora foi María José Romero Sendón, cociñeira no camping Lago Mar de Merexo. Tanto Manuel coma Maria José tiveron que deixar a empanada e marchar ós seu quefaceres diarios, pero máis dun centear de persoas gozaron do evento e da degustación das exquisitas empanadas.
A Asoc. agradece a colaboración do grupo de gaitas os Xaramiños de Muxía, e despois para o fin do certame coa música de Martín Reimundez. Igualmente agradece a participación da corporación municipal do Concello de Muxía, e a colaboración inestimable da empresa Stolt Sea Farm, afincada en Merexo e sen a cal sería imposible argallar o evento. A entidade quere agradecer nomeadamente a Jordi Trias e a Javier de Francisco a súa inestimable colaboración.