luns. 27.04.2026
El tiempo

Merexo volveu gozar do certame de empanada de rodaballo

xurado CERTAME DA EMPANADA DE RODABALLO DE MEREXO
O xurado do certame poñendo as botas
Merexo volveu gozar do certame de empanada de rodaballo

Este sábado 25 de abril de 2026 celebrouse o "IV Certame da Empanada de Rodaballo de Merexo", que este ano foi adicado a "Casa Lola", emblemática casa de comidas coñecida dende Coruña a Santiago, e onde se degustaban exquisitor manxares coma o txangurro.

A Asociación Os da Urxeira contou coa colaboración do CEIP de Os Muiños para realización dos debuxos para o cartel. Este ano, o primeiro premio foi para María García Barrientos de 5º Primaria; o 2º foi para Simón Espasandín Pérez de 5º, e o 3º premio para Arya Scarlet Smith Ramos, tamén de 5º curso. Os gañadores recibiron os seus premios entre aplausos dos presentes.

Debuxo Os da Urxeria de Merexo Certame Empanadas
O debuxo gañador foi o de María García Barrientos

A verdade que este ano o xurado tivo moi dificil elixir os tres gañadoresdo IV Certame, que caeron en María Engracia Insua Frade, que quedou terceira, Manuel Sambad Vilela segundo e a gañadora foi María José Romero Sendón, cociñeira no camping Lago Mar de Merexo. Tanto Manuel coma Maria José tiveron que deixar a empanada e marchar ós seu quefaceres diarios, pero máis dun centear de persoas gozaron do evento e da degustación das exquisitas empanadas.

maria jose romero ganadora CERTAME DA EMPANADA DE RODABALLO DE MEREXO
A gañadora María Jose Romero

A Asoc. agradece a colaboración do grupo de gaitas os Xaramiños de Muxía, e despois para o fin do certame coa música de Martín Reimundez. Igualmente agradece a participación da corporación municipal do Concello de Muxía, e a colaboración inestimable da empresa Stolt Sea Farm, afincada en Merexo e sen a cal sería imposible argallar o evento. A entidade quere agradecer nomeadamente a Jordi Trias e a Javier de Francisco a súa inestimable colaboración.

Javier de Francisco de Stolt Sea Farm no CERTAME DA EMPANADA DE RODABALLO DE MEREXO
Javier de Francisco, de Stolt Sea Farm, na entrega de premios

Máis novas

Comentarios