Muxía arma un Nadal moi artística

07:01 12/12/14

Fantástico o programa de Nadal do Concello de Muxía. Un programa pensando na arte, na música, pero sobre todo nos cativos.
Este é o programa:
- Do 5 ao 27 de decembro: Mostra MIRADAS 3. Colectiva de pintura, escultura e fotografía con artistas ligados a Muxía e Carballo. No Edificio de Servizos Múltiples. Horario de visitas: de luns a sábado de 15 a 21 horas.
- Actividades para nenos e nenas de 5 a 8anos. “El circo de las ideas” .Os días 22,23,26,29 e 30 de decembro e 2 de xaneiro. Necesario inscribirse previamente nas oficinas municipais.Prazas limitadas.
- 23 de decembro: Visita de Papá Noel, ás 12 h., no Salón de Actos do Voluntariado.
- 20 de decembro: Contacontos teatrais cos ratos de biblioteca de TrinkeTrinke, ás 18h. , na Biblioteca Municipal.
- 28 de decembro : “Se nos dan licencia, ó Nadal cantamos” , festival das Abaladeiras de Muxía, ás 19:00 h, no Salón de Actos do Voluntariado.
- 3 de xaneiro: Festival de Nadal, con Bailes de Salón e Concerto de Panxoliñas da Coral Virxe da Barca, ás 19 h., no Salón de Actos do Voluntariado.
- 5 de xaneiro: Cabalgata de Reis, con percorrido por todo o municipio.
Novas do Nadal
- Un novo Nadal co Apalpador, o noso Rei Mago.
- Vimianzo prepara un Nadal festivo e solidario.
- Muros vócalse co Mercadiño Solidario para arrincar o Nadal.
- Carballo quere mellorar os índices de reciclaxe por Nadal.