Muxía entrégase á pintura e aos monicreques


O día 31 de xullo remataron os obradoiros de pintura e monicreques que o Concello de Muxía organizou para o mes de xullo. Pero non remataron as actividades, pois o día 1 de agosto comezaron os obradoiros outra quenda de nenos e nenas que asistirán aos mesmos ao longo de todo o mes.
Na quenda do mes de xullo asistiron a estes obradoiros un total de 45 nenos e nenas de entre 4 a 13 anos. Aprenderon a facer monicreques de guante que eles mesmos modelaron e arxila de secado ao aire e elaboraron un cadro con pintura acrílica; os grupos dos máis pequenos (de 4 a 6 anos) pintaron o faro da Barca e os outros grupos fixeron unha versión de “Homaxe a un paxaro” do pintor Luís Seoane. Estes obradoiros están impartidos pola pintora e artesá bonequeira Viki Rivadulla.

Taller de pintura china
Ademais, durante os días 6, 7 e 8 de agosto organízase tamén en Muxía un Taller de iniciación ás técnicas de pincel chino. Poden inscribirse no 660 517 543 ou susna@cajamagica.com.

Novas relacionadas
- A muxiá Viki Rivadulla expón a súa arte comprometida na rede.
- Ponteceso convertiuse na capital artística da máxica paisaxe bergantiñá.
- A Costa da Morte nun cadro e con pincel.
Fonte
- Concello de Muxía.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).