Muxía leva a pleno unha inversión de máis de 310.000 € para mellorar accesos, saneamento e abastecemento de auga

Casa do Concello de Muxia
Muxía leva a pleno unha inversión de máis de 310.000 € para mellorar accesos, saneamento e abastecemento de auga

O Concello de Muxía levará ao pleno do próximo luns unha proposta de investimentos por un importe total de 310.178,45 € dentro do POS+ Adicional 2/2025 da Deputación da Coruña. Obras que permitan  garantir o abastecemento de auga, evitar consumos anómalos, mellorar o saneamento e dotar de accesos en condicións ás parroquias, respondendo así a unha demanda histórica da veciñanza.

As actuacións previstas céntranse en tres proxectos fundamentais:

  • 1. Mellora dos accesos a Castelo e A Granxón – 223.653,38 €
  • 2. Reparación e mellora do bombeo en Os Muíños – 30.098,57 €
  • 3. Suministro e instalación de contadores en depósitos de auga, sistemas de control, regulación de bombas e telecontrol de consumos – 56.426,50 €


 

Comentarios