Martes. 15.10.2024
El tiempo

Muxía reivindícase como epicentro cultural e rebelde da Costa

Muxía reivindícase como epicentro cultural e rebelde da Costa
Numeroso-publico-na-inauguracion-da-Mostra-Miradas en Muxía

O de Muxía nestes tempos de crise é de traca. Levantar a vida a través da arte é todo un acto de rebeldía, como recoñece unha das armadanzas de todo este movemento, Viki Rivadulla na súa Sala do Perello, o seu espazo nas Firmas QPC. Pero é que comezar a ver todos eses nomes xuntos dá conta da potencia, da forza, da capacidade, do valor das xentes creativas da vila da Barca.

O pasado sábado, e ante un numeroso público, o Concello de Muxía inauguraba a Mostra Miradas. Unha mostra que une e reúne 15 artistas muxiáns e 9 bergantiñáns, coas súas diferentes visións da zona e da arte, con diferentes formas e texturas. Unha inaguración que se viu acompañada polas verbas de Antón Castro, os versos Rosalía Fernández Rial e a guitarra de Mon Búa.

O-alcalde-Felix-porto-e-Anton-Castro Rosalia-Fdez-e-Mon-Bua-na-inauguracion-da-Mostra-miradas-de-Muxia

Queremos, agradecer e felicitar a todos eses artistas, e dicirlles que nos unimos á sua forza creativa, que QPC e toda a Costa da Morte queren montarse no seu barco de rebelión para cambiar o rumbo deste errante barco. O timón ten que ser voso:
Alexandro, Chérie Trillo, Antonio Reino, Coque Toba, Detlef Kappeler, Antonio Tarracido, Fátima Fortea, Javier Toba, Cristina Santiago, Jose Garrido, Lorena Lappe, Santo Cereixo, Emi de Las Heras, Susana Llorente, Lola Oviedo, Tachibana, Teresa Búa, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, Xavier de Lus, O´Mighelo, Sar, o grupo Tres coma Un, Zizi, e Viki Rivadulla.

Diferentes-formas-e-texturas-na-Mostra-Miradas-de-Muxia Diferentes formas e texturas na Mostra Miradas de Muxía

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios