Xoves. 20.06.2024
El tiempo

Muxía, Vimianzo e Camariñas presentan o seu quinto obradoiro dual compartido

PRESENTACIÓN_OBRADOIRO-EMPREGO_Muxia 2024
Muxía, Vimianzo e Camariñas presentan o seu quinto obradoiro dual compartido

Os Concellos de Muxía, Vimianzo e Camariñas presentaron onte, na biblioteca Emilio Rey Fernández Latorre de Muxía, a quinta edición do obradoiro dual de emprego ‘Camiño ao Emprego’ 2023/2024. A iniciativa, que se desenvolve desde o pasado mes de decembro de maneira simultánea en cada un dos tres concellos, conta nesta edición con 20 participantes, que están a recibir formación en dúas especialidades:
“Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais” e “Operacións auxiliares de revestimentos continuos e construción”.

A subvención para realizar o obradoiro concedéuselle ao Concello de Muxía, como entidade promotora, por valor de arredor de medio millón de euros, con cargo ao orzamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego.

Actuacións

Ao longo destes primeiros meses de formación, o alumnado realizou diferentes tarefas en distintos lugares dos tres municipios, como o Centro de Iniciativas Empresariais do Concello de Camariñas, o revestimento dos paramentos interiores e exteriores da escola de Bamiro, diferentes actuacións de limpeza no núcleo urbano de Camariñas, no parque empresarial de Vimianzo, na escola de Carantoña, ou os da contorna de Bamiro e de Cambeda.

No Concello de Muxía as actuacións darán comezo a vindeira semana. Entre outras, procederase á limpeza da zona do ‘Coído’, un espazo moi concorrido e onde se localiza o parque infantil máis grande do municipio e un parque biosaudable.

Comentarios