luns. 16.06.2025
El tiempo

O grupo de goberno muxián lanza unha batería de obras mentres o BNG piden as rozas das vías

Estado zona dos Muinos
Estado da área dos Muíños
O grupo de goberno muxián lanza unha batería de obras mentres o BNG piden as rozas das vías

O Concello de Muxía vén de poñer en marcha un amplo plan de actuacións por valor de 663.871,39 euros que permitirá mellorar servizos básicos e infraestruturas en diferentes parroquias do municipio. Entre as obras destacan a pavimentación de pistas, a construción de instalacións deportivas, melloras no saneamento, acondicionamento de espazos públicos e a rehabilitación de elementos patrimoniais.

O alcalde de Muxia Javier Sar coa teniente alcade Sandra Vilela
O alcalde Javier Sar coa teniente alcade Sandra Vilela

As intervencións, que contan con financiamento procedente de plans como o POS ou subvencións da Xunta de Galicia, inclúen:
• Pavimentación da pista AC-440 en Cebráns – 56.883,29 €
• Construción dunha pista polideportiva en Quintáns – 45.054,43 €
• Mellora da pista de Cebráns a Añobres – 171.311,66 €
• Obras de mellora de viais e saneamento en Frixe – 154.258,70 €
• Acondicionamento da pista de Xurarantes á Fonte do Bico – 23.328,80 €
• Renovación do pavimento da senda peonil en Lago – 32.613,33 €
• Rehabilitación do lavadero de Vilamaior – 21.400,84 €
• Camiños interiores de Merexo – 159.020,34 €

Petición do BNG

Pola súa parte, o BNG de Muxía que o pleno aprobou en 2024 dúas modificacións de crédito para que se executaran rozas e limpeza (198.000 €), un plan de desbroce de vías (30.000 €) e outro de limpeza de praias (20.000 €). Unhas obras que pide que se fagan en tempo, non como ano pasado, que chegaron tarde.

Por iso, pide que o goberno local comece un plan sistemático de roza das estradas municipais, nas que a broza supón incluso un perigo para a circulación por restar visibilidade en vías xa estreitas. Tamén que os viais de acceso ás praias –como os de Area Maior e Borreiros nos Muiños, os de Lourido ou a pista de acceso á praia da Barreira, en Leis- estean en "condicións deplorables" sen que se acometeran aínda traballos para repoñer o firme. 

Piden que se reclame a Costas un adecuado mantemento das pasarelas dos areais; o arranxo, reposición ou retirada de equipamentos en mal estado (pasarelas con táboas soltas,  esbaradizas, con desniveis que dificultan o acceso aos areais ou con varandas que non están ben fixadas) e que acometan rozas (tanto de vías como de espazos recreativos) e arranxos de accesos con urxencia.

Comentarios