Orballo Cultural, espallando música da Costa da Morte a todo o país
- Vimianzo será a única parada costeira nun ciclo de concertos que visitará Coruña, Baiona, Marín, Monterrei, Negreira, Ribeira, Santiago de Compostela, Tui, e Vigo.
- O cartel da edición deste 2026 inclúe nomes como Baiuca, Belem Tajes, Budiño, Caamaño & Ameixeiras, De Ninghures, De Vacas, Fillas de Cassandra, Ortiga, Xabier Díaz e 9Louro
Vimolos nacer, e gústanos ver como medra. O ciclo de concertos ‘Orballo Cultural’ nacía 2020 na comarca en plena desescalada da pandemia. Ano a ano, a iniciativa de Horta Creativa, agora desenvolta con Amorinfes foi ampliando o seu espectro e invadindo paseniño a provincia, ofrecendo concertos diferentes, que conecten o territorio e a identidade coa música galega contemporánea.
Este ano parede o da súa explosión e aproveitando o programa do Concertos do Xacobeo, con citas musiqueiras en todo o país. A primeira parada será o 24 de maio na municipio coruñés de Vimianzo (única parada na comarca), pero o ciclo continuará a partir de xullo en Tui, Santiago, Ribeira, Baiona, Monterrei, Negreira, Vigo, A Coruña e Marín.
Grazas ao apoio da Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia no marco de Concertos do Xacobeo, nos próximos meses ‘Orballo Cultural’ programará nas dez localidades un total de 18 artistas de estilos e xéneros variados: Baiuca, Balteira, Belém Tajes, Budiño, Caamaño & Ameixeiras, Catuxa Salom, De Ninghures, De Vacas coa súa Vacanal Sinfónica, Fillas de Cassandra, Guilherme Zapata, Kike Varela, Lila Downs, Luar na Lubre, Maricarme, Ortiga, Tapa d’Orella, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e 9Louro.
Máis aló da programación musical, ‘Orballo Cultural’ incorpora showcookings con produto local, exposición e venda de artesanía galega e experiencias vinculadas á identidade e ás tradicións do territorio. O ciclo aposta tamén pola sustentabilidade, o consumo de proximidade e a descentralización da oferta cultural, favorecendo a creación de sinerxías co tecido económico e social dos concellos participantes.
O programa completo está recollido na páxina web www.concertosdoxacobeo.gal e nas redes de @orballocultural.