Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Naturalidade, compromiso e talento triunfan no Orballo Cultural

Concerto do Orballo Cultural en Carballo
Gran acollida nos concertos do Orballo Cultural en Carballo
Naturalidade, compromiso e talento triunfan no Orballo Cultural

Aire fresco para a movida deste verán.. Así catalogan moitos a aparición da promotora costeira Orballo Cultural no panorama musiqueiro da Costa da Morte e de todo o país, amoldando os festivais ao que permiten as restricións. Non é o mesmo bailar suando e apretado en primeira fila, que tararear baixo a máscara sentadiño na túa cadeira a 3 metros dos espectadores máis cercanos. Pero así e todo, o sabor da música pode con todo, e os centos de persoas que se achegaron ao Forum Carballo esta fin de semana así o gozaron.

E iso que a calor fixo mella, e o horario (18:00h) provocou que a zona de sobra se cotizase máis que as mesiñas xeitosas que pon a organización na zona adiantada coas entradas máis caras. Por suposto, agora a música, con estes aforos, tornouse para sempre de pago, a non ser que os promotores sexan as administracións públicas.

Orballo Cultural no Forum Carballo con Verto e Maikel Dj
Arriba Verto, tomando un cervexa antes do concerto, e tocando; abaixo Maikel Pérez Castro pinchando

Nós comprobamos esta fin de semana que disfrutar é posible, con 3 días de concertos de gran nivel. O venres, Russinha e Sés, nada menos que esta filla adoptiva de Bergantiños que volvía á súa casa, como fixera por primeira vez hai 9 anos para dar Vitaminas ao galego, cada vez máis comprometida coa súa identidade.

O sábado o turno foi para o noso picadiscos particular, DJ Maikel Pérez Castro, que queceu o ambiente con temazos pouco coñecidos para o gran público pero que nos deixaron con gañas de mover as pernas.
Os case 200 espectadores esperaban con ansia ver a Verto. Moita mocidade, moit@ estudante de Compostela que se sabía a letra de cada canción, provocaron que fose un concerto moi íntimo. A naturalidade e o talento deste par de artistas (que calquera día poderían ser o pediatra dos nosos fillos pois son estudantes de medicina), fixo as delicias de todo o “auditorio” con esas bases de Fer, esa guitarra de Berto, e esas rimas “trapeiras” que se nos fan tan familiares a tod@s.

O domingo era hora de Sheila Patricia e Tanxugueiras, outras da protagonistas da vangarda musical contemporánea do noso país, mesturando a música tradicional coas músicas urbanas máis modernas.

Máis paradas

Despois de pasar por Portocubelo, Buño, Baio, o Parador de Muxía, Malpica, Ribadeo, As Pontes, o Náutico de San Vicente… o Orballo aínda se mantén activo ata finais de mes. O 19 de setembro aínda estarán en Padrón con Andrés Suárez, e aínda queda algunha sorpresa máis que tendes que estar atentos ás redes sociais da promotora.Novas relacionadas

Así foi a festa da Carballeira de Baio a finais de agosto, tamén espectacular, nunha desas paraxes cheas de maxia.

Novas musiqueiras

Artigos do Picadiscos Maikel Pérez Castro en QPC

Comentarios