venres. 15.05.2026
El tiempo

Orballo Cultural, espallando música da Costa da Morte a todo o país

  • Vimianzo será a única parada costeira nun ciclo de concertos que visitará Coruña, Baiona, Marín, Monterrei, Negreira, Ribeira, Santiago de Compostela, Tui, e Vigo.
  • O cartel da edición deste 2026 inclúe nomes como Baiuca, Belem Tajes, Budiño, Caamaño & Ameixeiras, De Ninghures, De Vacas, Fillas de Cassandra, Ortiga, Xabier Díaz e 9Louro
CIDADE DA CULTURA  11,30 h.-            O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participará na presentación do Orballo Cultural, no marco do Concertos do Xacobeo. No Edificio Fontán. Foto Xoán Crespo CIDADE DA CULTURA  11,30 h.-            O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participará na presentación do Orballo Cultural, no marco do Concertos do Xacobeo. No Edificio Fontán. Foto Xoán Crespo
Presentación do Orballo Cultural, no marco do Concertos do Xacobeo. No Edificio Fontán. Foto Xoán Crespo
Orballo Cultural, espallando música da Costa da Morte a todo o país

Vimolos nacer, e gústanos ver como medra. O ciclo de concertos ‘Orballo Cultural’ nacía 2020 na comarca en plena desescalada da pandemia. Ano a ano, a iniciativa de Horta Creativa, agora desenvolta con Amorinfes foi ampliando o seu espectro e invadindo paseniño a provincia, ofrecendo concertos diferentes, que conecten o territorio e a identidade coa música galega contemporánea. 

Este ano parede o da súa explosión e aproveitando o programa do Concertos do Xacobeo, con citas musiqueiras en todo o país. A primeira parada será o 24 de maio na municipio coruñés de Vimianzo (única parada na comarca), pero o ciclo continuará a partir de xullo en Tui, Santiago, Ribeira, Baiona, Monterrei, Negreira, Vigo, A Coruña e Marín.

Grazas ao apoio da Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia no marco de Concertos do Xacobeo, nos próximos meses ‘Orballo Cultural’ programará nas dez localidades un total de 18 artistas de estilos e xéneros variados: Baiuca, Balteira, Belém Tajes, Budiño, Caamaño & Ameixeiras, Catuxa Salom, De Ninghures, De Vacas coa súa Vacanal Sinfónica, Fillas de Cassandra, Guilherme Zapata, Kike Varela, Lila Downs, Luar na Lubre, Maricarme, Ortiga, Tapa d’Orella, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e 9Louro.

Máis aló da programación musical, ‘Orballo Cultural’ incorpora showcookings con produto local, exposición e venda de artesanía galega e experiencias vinculadas á identidade e ás tradicións do territorio. O ciclo aposta tamén pola sustentabilidade, o consumo de proximidade e a descentralización da oferta cultural, favorecendo a creación de sinerxías co tecido económico e social dos concellos participantes.

O programa completo está recollido na páxina web www.concertosdoxacobeo.gal e nas redes de @orballocultural.

Máis novas

Comentarios